O distrito de Luuka é un distrito da Rexión Leste de Uganda.

Limita co distrito de Buyende polo norte, co distrito de Kaliro polo nordeste, co distrito de Iganga polo sueste, co distrito de Mayuge polo sur, co distrito de Jinja polo suroeste e co distrito de Kamuli polo noroeste.

O distrito comezou a funcionar como tal o 1 de xullo de 2010,Government Names Fourteen New Districts anteriormente era un condado do distrito de Iganga. Na tradición kisoga, Luuka e un dos cinco principados do reino de Busoga. Segundo a lenda, Luuka foi fundado en 1737 e tornouse parte do protectorado de Busoga en 1896. O seu goberno tradicional é coñecido como Tabingwa.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 185.526 habitantes.

Notas

Luuka