miniatura|250px|Plano da Cidade de Villena e o curso das súas augas, de 1750. miniatura|250px|Salgadoiro de Penalva, na beira da antiga lagoa. A lagoa de Villena foi unha lagoa salobre que se atopaba no termo municipal de Villena (Alacant). Desecouse en 1803 por orde de Carlos IV.

Historia

A lagoa de Villena, xunto coa de Salinas, uns quilómetros ao sur, estaba orixinada por un fenómeno de endorreísmo, é dicir, as augas non encontraban saída e alí se acumulaban. O ecosistema xerado a partir do estancamento das augas permitiu o desenvolvemento dun biotopo de gran riqueza faunística, como resaltou o infante Juan Manuel, señor de Villena, no seu Libro de la Caça:

O xurdimento de mananciais salinos en distintos puntos do álveo propiciou o establecemento de diversas salinas, que aparecen xa citadas na Relación enviada a Filipe II en 1575:

Non obstante, a lagoa non só comportaba riquezas, senón que tamén estaba na orixe de "febres tercianas" (que reaparecían cada tres días), un dos principais motivos, xunto co interese doutras cidades, sobre todo Elx de aumentar os seus recursos hídricos; polos que se empezou a contemplar o desecamento.

Desecado

O 23 de abril de 1803, Carlos IV ordenoulle ao seu arquitecto maior, Juan de Villanueva, as obras de desecado. A principal obra foi a que se chamou Acequia del Rey, que servía e serve para evacuar as augas da conca ao río Vinalopó. Ademais, tras o desecamento quedaron ao descuberto os diferentes mananciais, que se puideron separar entre salobres e doces. Tras a obra, amolloouse un terreo de 1704 Ha. cultivables que se chamou Demarcación de La Laguna.

Novas terras

Estas terras ganadas entregáronse a uns colonos (chamados laguneros) que pagaban un décimo por elas. Regábanse principalmente coas augas da "Fonte do Chopo", localizada na pedanía de Las Virtudes. Pola cesión desta auga de rego a localidades como Elda ou Elx, Villena cobraba un elevado canon que recibían as arcas municipais. En 1899, a lagoa recuperouse en parte, até alcanzar 4 metros de profundidade, tras dous días seguidos de choivas torrenciais.Rutas por Villena: Vía verde, Huerta y Las Virtudes Villena ¡un tesoro! Consultado o 31 de marzo de 2012.

Notas

Villena Categoría:Villena