Baixa California SurForma empregada na Enciclopedia Galega Universal. é un dos 31 Estados de México, que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos. A súa capital e cidade máis poboada é La Paz. Atópase ó sur da península de Baixa California, na rexión noroeste do país, limitando polo norte con Baixa California, polo leste co mar de Cortés (océano Pacífico) e polo sur e oeste co océano Pacífico. Con 712 029 habitantes en 2015 é o segundo estado menos poblado, por diante de Colima. Con 73922 km², é o noveno máis extenso, por detrás de Chihuahua, Sonora, Coahuila, Durango, Oaxaca, Tamaulipas, Xalisco e Zacatecas. Con 8,62 hab/km² é o estado menos densamente poboado. É, xunto con Quintana Roo, o estado máis recente do país, sendo ambos promovidos de territorio Federal a Estado Libre e Soberano, o 8 de outubro de 1974.

miniatura|230px|Oasis de Mulegé.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas INEGI: Información do Estado de Baja California Sur Enciclopedia dos Municipios de México: Baja California Sur

Categoría:Estado de Baixa California Sur