Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.Páxina web da Editorial Toxosoutos Temática Trátase dunha descrición exhaustiva do reino, redactada en castelán, onde se fala dos corpos de santos ou reliquias, ríos, poboacións, portos e monumentos que atesoura o reino. Tamén fala das orixes e feitos de armas máis destacados das liñaxes galegas imperantes na época.

É considerado o primeiro libro galego moderno, tanto pola súa temática, unha reivindicación de Galicia levantada nun momento de auxe da galegofobia; como por ser iniciativa dun editor non relixioso, Agustín de Paz, nun tempo en que só a igrexa promovía libros.

Estrutura e estilo Está estruturada en cinco partes e presentada en verso e en cadansúa páxina un comentario en prosa que amplía o texto versificado. É importante pola súa antigüidade e por ser un dos primeiros textos en que nesta época se reivindica a defensa e dignidade de Galiza fronte ao desprezo e o proceso de periferización en que se ía inserindo.miniatura|Colofón.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Artigo da Real Academia Galega sobre esta obra e a edición dela que figura no seu arquivo.

Categoría:Séculos Escuros Categoría:Historiografía de Galicia Categoría:Xeografía de Galicia Categoría:Obras literarias de 1550 Categoría:Novelas en castelán Categoría:Libros de historia