A bandeira de Suriname está composta por cinco franxas horizontais. As exteriores son de cor verde, a central é vermella e está bordeada polas brancas. A franxa vermella é de dobre anchura que as verdes e o grosor destas últimas é tamén dobre respecto a cada unha das brancas. No centro da bandeira, figura unha estrela de cinco puntas de cor amarela.
Esta bandeira adoptouse o 25 de novembro de 1975, despois de que Suriname obtivese a súa independencia. A estrela representa a unidade de tódolos grupos étnicos do país. A franxa vermella simboliza o progreso e o amor, a verde a esperanza e a fertilidade e as brancas, a xustiza e a paz.
Outras bandeiras
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Surinam en Flags of the World
Categoría:Símbolos de Suriname Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1975