Lou Andreas-Salomé, nada como Louise von Salomé en San Petersburgo en 1861 e finada en Göttingen en 1937, foi unha intelectual ruso-alemá.

Traxectoria Filla dun xeneral do exército ruso de orixe alemá, estudou na Universidade de Zürich, unha das poucas que admitía mulleres. Alí realizou estudos comparativos de relixión e cursos de filoloxía, filosofía e historia da arte. En 1882 viaxa a Roma e coñece, mentres se recuperaba dunha grave enfermidade, a Malwida von Maysenburg, coñecida polo seu feminismo e os seus salóns literarios. Alí faise amiga do escritor Paul Rée, amigo de Nietzsche, cos que proxecta a creación dunha comuna literaria que nunca se faría realidade.

Casou co lingüista Carl Friedrich Andreas, logo que este a ameazase con suicidarse, pero nunca consumou o matrimonio. Residiu en Göttingen dende 1903, onde o seu home era catedrático.

Foi amiga de grandes intelectuais como Rainer Maria Rilke ou Sigmund Freud, de quen foi discípula. Tras a primeira guerra mundial dedicouse á terapia psicanalítica. En 1885 publicou a súa primeira novela, Im Kampf um Gott ("Na loita por Deus").

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Feministas de Rusia Categoría:Feministas de Alemaña