Gossos (que significa Cans en galego) é unha banda musical das máis populares no coñecido como Rock català. Destacou dende os seus comezos pola súa música totalmente acústica, con só guitarras e baixo até o ano 2002, cando se lles une ó grupo Santi Serratosa, batería. Será nese mesmo ano cando se vai iniciar unha electrificación do seu son que acadou un grao de madurez que se reflicte no seu disco en directo 'A l'Auditori', gravado no 2008.
Membros Natxo Tarrés - voz e guitarra Roger Farré - voz e baixo Juanjo Muñoz - voz e guitarra Oriol Farré - voz e guitarra Santi Serratosa: batería (a partir do 2002)
Discografía Gossos (1993) En privat (1996) Metamorfosi (1997) Directament (1998) De viaje (2000) Cares (2001) El jardí del temps (2003) 8 (2005) Oxigen (2007) Dia 1 (2010) 69 (2011)
Outros proxectos Juanjo Muñoz tamén forma parte de Menaix a Truà xunto con Cris Juanico dos agora xa disoltos Ja t'ho diré e Toni Xuclà. Asemade, Natxo Tarrés forma parte dun grupo de experimentación sonora e musical chamado Gaia, baseado na música electrónica.
Véxase tamén Ligazóns externas Gossos.cat Discografía e letras de Gossos
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Artistas de Música Global