miniatura|Estrutura dun quilomicron. ApoA, ApoB, ApoC, ApoE (apolipoproteínas); T (triacilglicéridos); C (colesterol); verde (fosfolípidos). miniatura|300px|Metabolismo das lipoproteínas plasmáticas. Unha lipoproteína é un complexo formado por elementos proteicos e lipídicos, que se manteñen unidos por enlaces non covalentes, que se encontra no sangue. Cada unha das lipoproteínas posúe unha masa molecular, estrutura e densidade características. Á porción proteica da lipoproteína denomínase apolipoproteína. A súa misión é transportar os lípidos insolubles polo sangue.
En xaxún hai catro lipoproteínas, denominadas en función da súa densidade: Lipoproteína de alta densidade (High density lipoprotein ou HDL) Lipoproteína de baixa densidade (Low density lipoprotein ou LDL). Nalgúns casos é denominada LDL 1 Lipoproteína de densidade intermedia (Intermediate lipoprotein ou IDL). Nalgúns casos é denominada LDL 2 Lipoproteína de moi baixa densidade (Very low density lipoprotein ou VLDL).
Tras a comida, áchase outra, o quilomicron, que transporta os triglicéridos dende o intestino delgado ata o sangue venoso por medio do conduto torácico.
Ademais destas, moitos encimas, transportadores, proteínas estruturais, antíxenos, adhesinas e toxinas son lipoproteínas.
Lipoproteínas transmembrana Algúns proteolípidos transmembrana, especialmente os que se encontran en bacterias, denomínanse lipoproteínas, pero non están relacionadas coas partículas lipoproteicas do plasma antes mencionadas. Estas proteínas transmembrana son difíciles de illar, xa que están estreitamente unidas á membrana lipídica, e adoitan necesitar lípidos para mostrar a súa verdadeira estrutrua e poden ser insolubles en auga. Xeralmente son necesarios deterxentes para illalas das membranas ás que está asociadas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bioquímica. Thomas M. Devlin. Cuarta edición. ISBN 84-291-7208-4
Outros artigos Lipopéptido
Categoría:Lípidos Categoría:Proteínas Categoría:Lipoproteínas
he:כולסטרול#ליפופרוטאינים