miniatura|250px|Xuntas entre ladrillos.

Chámase xunta ao pequeno espazo que queda entre as dúas superficies dos perpiaños ou ladrillos inmediatos uns a outros dunha construción, que se rechea de morteiro ou de cemento coa finalidade de unilos e ligalos solidamente.

Distínguense os seguintes tipos de xuntas.

Xunta apertada. É aquela en que se quita o morteiro para que a unión se efectúe polo propio peso da pedra. Xunta ascendente, montante ou vertical. É a que se dirixe verticalmente desde abaixo cara a arriba, ou viceversa. Xunta cadrada. A formada por dous materiais cuxas superficies están talladas en ángulo recto. Xunta cuberta. A disimulada por unha moldura que sobresae. Xunta de cabeza. Xunta colocada perpendicularmente ao raio dunha bóveda e ao lado da superficie anterior. Xunta de doela. A colocada seguindo o raio dunha bóveda. Xunta delgada. A formada de dúas pedras cuxas superficies están talladas seguindo un ángulo superior ao recto. Xunta de revestimento. A que dá o saínte dos chanzos atrasados uns doutros. Xunta en ángulo. A formada por xuxtaposición dun anaco tallado segundo un ángulo, e non en escuadra. Xunta en corte. A inclinada segundo a dirección dun raio. Xunta grosa. A formada por dúas pedras cuxas superficies están talladas segundo un ángulo inferior ao recto. Xunta inglesa. A formada por dúas superficies que se encontran segundo un ángulo de 45º. Dita xunta non se usa senón para as incrustacións de mármore ou de pedras diversamente coloreadas. Xunta oculta. A que está disimulada. Nos traballos de marmoraría, utilízanse as xuntas ocultas para acordar as placas de mármore cortadas segundo o contorno das vetas de forma irregular.

Categoría:Construción