Edgar Morin, nado en París o 8 de xullo de 1921 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 2026, foi un sociólogo francés.

Traxectoria Ligado á Fronte Popular francesa e comprometido coa II República Española, dende moi cedo asumiu o marxismo. Durante a segunda guerra mundial militou na resistencia, participou na liberación de París e na posguerra foi tenente do exército de ocupación francés en Alemaña. Afiliouse ao Partido Comunista Francés. As súas posicións contrarias ao stalinismo, levárono a distanciarse do partido ata a súa expulsión en 1951.

En 1950 entrou no Centre national de la reserche scientifique e máis tarde fundou a revista Arguments. Na Bretaña realizou un traballo de etnoloxía contemporánea. Fundou e dirixiu o Centro d´etudes de comunication de masse.

Moi comprometido coa axitación estudantil, foi un dos teóricos do maio do 68. As súas viaxes por Latinoamérica sensibilízano coas culturas indíxenas e afro-brasileiras.

Contrario á Guerra de Alxeria, estivo preto de posicións pacifistas. Así malia ás súas orixes sefardís, manifestouse crítico con Israel nas súas relacións con Palestina.

Ten distincións de gran prestixio como a medalla de ouro da UNESCO, Comendadeur de la Lègion d´honneur, a Ordem de Sant-Iago da Espada de Portugal ou o Premio internacional de Cataluña.

Pensamento Defendía a transdisciplinariedade e o pensamento complexo. Foi un dos pais da teoría da complexidade. Nel inflúe a cibernética, os sistemas, a xenética e a informática. Propuxo unha refundación antropolítica, unha nova toma de conciencia da comunidade de destino terrestre, o planeta como patria. A cultura actual pertence á prehistoria. Todas as grandes creacións foron impensables antes de producírense e todo o afortunado que leva ocorrido na historia foi no seu día improbable. Estes e outros factores son principios de esperanza na desesperanza. Quedan, xa que logo, posibilidades cerebrais e antropolóxicas no proceso de humanización. Isto non significa caer nun optimismo superficial pois ningún desenvolvemento se adquire para sempre e existe un principio de degradación que reclama unha rexeneración sempre incerta.

Obras Autocritique (1959) Le Paradigma perdu: la nature humaine (1973) Terre-patrie (1993) La Méthode (1977-2004) Le chamin de l´espérance (con Stephane Hassel)

Notas

Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Sociólogos de Francia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Barcelona Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Centenarios