miniatura|320px|Parte de atrás do Leidor Zinemaren, Tolosa. miniatura|320px|Vista do Parque da España Industrial, Barcelona.
Luis Peña Gantxegi, nado en Oñati o 29 de marzo de 1926 e finado en Donostia o 2 de abril de 2009, foi un arquitecto vasco. Está considerado como un dos introdutores da arquitectura contemporánea en España.
Traxectoria Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1959. Desde 1976 dedicouse á docencia, primeiro en Barcelona e logo en San Sebastián, onde foi catedrático desde 1982 e subdirector desde 1983 na Escola Técnica Superior de Arquitectura.Ficha en solo arquitectura.
Desde 1959 traballou en numerosos proxectos, a maioría no País Vasco, como o Centro Kursaal, construído en San Sebastián en 1989.
A súa obra máis coñecida é o Peite do Vento, construído canda a Eduardo Chillida, co que tamén realizou a Praza dos Foros de Vitoria. Entre as súas últimas obras figura a reforma de praza Pasai Donibane (Guipúscoa), premiada polo Colexio Oficial de Arquitectos Vasco Navarro en 2007.Mitxel Ezquiaga: Muere Luis Peña Ganchegui, el renovador de la arquitectura vasca en diariovasco.com.
Recoñecementos 1999: Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, concedido pola súa traxectoria profesional.Premio Antonio Camuñas de Arquitectura: lista de galardonados. 2004: Medalla de Oro de la Arquitectura, concedida por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.Medalla de Oro de la Arquitectura:lista de galardonados. 2007: Premio COAVN de Arquitectura ao mellor deseño urbano e paisaxismo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Luis Peña Ganchegi arquitectura
Categoría:Arquitectos do País Vasco Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Nados en Oñati Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2009