Carlos Reino Caamaño, nado na Coruña en 1889 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Modesto Reino Rodríguez e Carmen Caamaño Ferreiro e irmán de José Reino Caamaño. Obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Foi médico titular e Inspector Municipal de Sanidade en Cartelle, Celanova e Poio. Despois exerceu na comarca de Verín, primeiro en Oímbra e dende 1934 en Verín, onde foi nomeado médico da Beneficencia municipal. Foi nomeado alcalde Verín por Izquierda Republicana en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 12.. miniatura|Verín, en lembranza dos fusilados o 17/6/1937 Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 22 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 896. Xulgado en Ourense por rebelión militar o 22 de maio de 1937 xunto con Juan Antonio Álvarez Diéguez, Manuel Cadavid García, Luis Álvarez Losada, Ernesto Ramos Méndez, Ramón Quintas González, Constantino Gago Gago, Manuel Sola Pareja, Enrique José Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cabido Rodríguez, Ricardo González González, Eduardo Gago Fernández, Pedro Justo Castro, Gerardo Rodríguez Barja, Lino García Vázquez, Gregorio Barreira Martínez, Sergio Pérez Díaz, José Pérez Delgado, José Sola Pareja, Celso Blanco Castro e Francisco Vaz Álvarez,El Pueblo Gallego, 23-5-1937, p. 2. foi sentenciado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937 con outras cinco persoas. Todos os seus bens foron requisados en xaneiro de 1937 por orde do Xulgado Militar de Ourense.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Represión franquista Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en Galicia Ligazóns externas

Expediente de responsabilidades políticas de Carlos Reino Caamaño.

Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos