miniatura|dereita|Felipe Romero Donallo en 1919.Vida Gallega, 20-4-1919, p. 19. Felipe Romero Donallo, nado en 1849 ou 1850El Compostelano, 28 de maio de 1923. Ao seu falecemento contaba 73 anos de idade. e finado en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1923Morreu a causa dunha "bronquitis crónica"., foi un político galego.

Traxectoria Membro do Partido Liberal vinculado a Montero Ríos, foi concelleiro en Santiago de Compostela (1885-1889)BARRAL MARTÍNEZ, Margarita: A administración local en Compostela na era monterista. Foi simple rexedor de Santiago do 1 de xaneiro de 1885 ao 31 de marzo de 1887, e tenente de alcalde 2º do 1 de xullo de 1887 ao 31 de outubro de 1889., deputado provincial, deputado polo distrito de Corcubión (1893-1896 e 1898-1899) e polo da Coruña (1905-1907 e 1907-1910) e senador pola provincia da Coruña (1910-1911). O 13 de febreiro de 1902 foi nomeado gobernador civil da Coruña, posto no que permaneceu uns meses, ata o 11 de decembro. Máis adiante, renunciou á acta do Senado en 1911 logo de ser nomeado por segunda vez gobernador civil da Coruña, cargo que desempeñou entre o 19 de novembro de 1910 e o 3 de xullo de 1913. No 12 de maio de 1911 presentou a súa dimisión por considerar que fora pouco defendido no Congreso dos Deputados de España tras unha interpelación do deputado José Lombardero FrancoABC, 13 de maio de 1911.. Non obstante, a dimisión non lle foi aceptadaEl Correo de Galicia, 18-5-1911, p. 2..

Vida persoal Casou con Javiera Nieto Rodríguez. Finou no número 1 da rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela.

Títulos e distincións Cabaleiro da Orde de Carlos IIIDE CÁRDENAS PIERA, E.: Propuestas, solicitudes y decretos de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III.. Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Agrícola en marzo de 1910Gaceta de Galicia, 3 de marzo de 1910..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados no século XIX