é un filme xaponés dirixido por Takashi Yamazaki que se estreou no 2010. Baséase no anime Space Battleship Yamato, unha serie de 1974.
Sinopse "Space Battleship Yamato" sitúanos no ano 2199, cinco anos despois de que aparecesen uns misteriosos alieníxenas chamados Gamilas e comezasen a atacar a Terra con meteoritos xigantes. Isto provocou que a superficie sexa totalmente inhabitable por culpa da radiación pos-bélica. Á raza humana só lle queda un ano de esperanza de vida cando recibe unha enigmática mensaxe procedente do afastado planeta Iscandar, asegurando que teñen unha tecnoloxía capaz de eliminar a radiación da Terra. Decididos a salvar o planeta, as Forzas de Defensa reconstrúen o acoirazado espacial Yamato para poder realizar a incrible viaxe que os levará a máis de 150.000 anos luz de distancia en busca dun descoñecido planeta que pode ser a última esperanza para a raza humana e para a Terra.
Personaxes Takuya Kimura como Susumu Kodai Meisa Kuroki como Yuki Mori Toshirō Yanagiba como Shirō Sanada Naoto Ogata como Daisuke Shima Reiko Takashima como Dr. Sado Toshiyuki Nishida como Hikozaemon Tokugawa Hiroyuki Ikeuchi como Hajime Saitō Maiko Skorick como Aihara Toshihiro Yashiba como Yasuo Nanbu Kazuki Namioka como Saburō Katō Takumi Saito como Akira Yamamoto Takahiro Miura como Furuya Tsutomu Yamazaki como Capitán Jūzō Okita Kensuke Ōwada como Kenjirō Ōta
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filamffinity
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes postapocalípticos