Corinna zu Sayn-Wittgenstein ou Corinna Larsen (nome de solteira), nada en Frankfurt o 28 de xaneiro de 1964, é unha aristócrata e empresaria alemá relacionada co negocio das armas de fogo do Reino Unido.

Traxectoria Adquiriu o título de princesa tras o seu matrimonio en 2000 co príncipe Johann Casimir zu Sayn-Wittgenstein-Sayn, do que se separou en 2005. En 2012, o seu estado civil era o de divorciada; ten dous fillos.La princesa Sayn-Wittgenstein, amiga del Rey, organiza cacerías para multimillonarios en Vanitatis.com Con todo, casara por vez primeira xa antes con Philip J. Adkins, pai da súa filla nada en 1992, Anastasia. Tamén mantivo unha relación cun membro da familia Flick, que controla gran parte do emporio Mercedes.Los reyes de la caza en Hoy.es.

En 2012 traballaba como organizadora de cacerías de animais no continente africano para a empresa Boss & Company Sporting Agency, cuxos clientes son polo xeral persoas de grandes posibilidades económicas. A súa función na compañía era a de impulsar e satisfacer todas as necesidades, dende o transporte en voos charter ou comerciais até o alugueiro de rifles, as licenzas de caza, os permisos no país de destino, o aloxamento ou a manutención dos clientes. Así mesmo, actuou como representante do rei Xoán Carlos I de España perante o príncipe Alwaleed bin Talal de Arabia Saudita.La princesa Corinna Sayn-Wittgenstein, amiga del Rey, organiza cacerías para millonarios, nova en El Confidencial Por outra banda, cabe destacar que foi tripulante de honra do Desafío Español na Copa América de vela, canda o monarca español.La alemana que comparte safaris con el Rey coincidió con él en Valencia, en Levante-EMV.com.

A xornalista Pilar Eyre menciónaa no seu libro La soledad de la reina, o cal xira arredor da figura de Sofía de Grecia. Sayn-Wittgenstein aparece definida como unha muller atractiva e con grande influencia na Xefatura do Estado Español.Corinna zu Sayn-Wittgenstein: una mujer en las cacerías del Rey , reportaxe no diario La Voz Libre.

Notas

Categoría:Nobreza Categoría:Personalidades de Alemaña Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Nados en 1964