Mia Farrow, cuxo nome real é María de Lourdes Villiers-Farrow, nada nos Ánxeles o 9 de febreiro de 1945, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Farrow é filla de John Farrow, un director de cinema australiano, e da actriz irlandesa Maureen O'Sullivan, a Jane de "Tarzan". Ambos os pais eran católicos practicantes e Mia, nada baixo o nome María de Lourdes Villiers-Farrow nos Ánxeles, tivo unha crianza católica. Creceu principalmente en Beverly Hills, no condado dos Ánxeles, e usualmente viaxaba cos pais durante a realización das súas películas.

O seu debut no cinema foi nunha curtametraxe de 1947 xunto á súa nai; este trataba sobre nais famosas e os seus fillos. Na década de 1950, apareceu no documental educativo sobre a Guerra Fría: Duck and Cover.

Carreira Farrow apareceu en máis de corenta películas e gañou numerosos premios, incluíndo o Globo de Ouro (e sete nomeamentos a tal premio), tres nomeamentos aos Premios BAFTA, e gañou o premio a mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián.Mia Farrow - Awards Recibiu o rol principal na película Rosemary's Baby o 1968. Filmografía

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia australiana