O río Anduriña é un río galego, principal afluente do río Baxoi. Ten unha lonxitude aproximada de 6,1 quilómetros.

Descrición Nace en Monfero ao pé da serra de Queixeiro preto do lugar de Primoi. Atravesa a parroquia de Queixeiro nos primeiros tramos, sendo coñecido aquí como regato do Porto e recibindo as augas do rego do Vite, principal afluente.

Pouco antes do lugar do Porto, comeza a facer de fronteira entre os concellos de Monfero e Vilarmaior, función que non deixa ata a súa desembocadura no río Baxoi.

Véxase tamén Ligazóns externas Visor IBERPIX do Instituto Xeográfico Nacional.

Categoría:Río Baxoi Categoría:Monfero Categoría:Vilarmaior