Stefan Brockhoff é un pseudónimo usado colectivamente por un grupo de tres co-autores alemáns de varias novelas policiais Cf. Stefan Brockhoff, Schuß auf die Bühne (Leipzig, Wilhelm Goldmann Verlag, 1935); id., Musik im Totengässlein (Bern etc., Goldmann, 1936); id., Drei Kioske am See (Leipzig, Goldmann, 1937); id., Begegnung in Zermatt (Munic, Goldmann, 1955).: Dieter Cunz (1910–1969), Richard Plant (1910–1998) e Oskar Seidlin (1911–1984).

Os tres teñen varias características comúns: naceron en Alemaña na mesma época, convertéronse en refuxiados por mor do nazismo, e acabaron vivindo nos Estados Unidos. Amais, para os tres a escritura de novelas de detectives era unha vocación de mocidade, se ben os seus principais intereses e actividades posteriores foron distintos.

Obra Schuß auf die Bühne (Leipzig, Wilhelm Goldmann Verlag, 1935) Musik im Totengässlein (Berna, Goldmann, 1936) Drei Kioske am See (Leipzig, Goldmann, 1937) Begegnung in Zermatt (Múnic, Goldmann, 1955)

Notas

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña