O dinamarqués ou danés é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, en Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.

Historia Os primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.

O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.

A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos: Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga; Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media; Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.

De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica de Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.

Dialectos Os dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos: Jysk (Xutlandia) Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Selandia, e nas illas menores ao sur) Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).

Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.

Gramática A orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.

O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.

O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.

A partícula negativa é o adverbio ikke.

Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.

Vocabulario Algunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:

Ola - hej, goddag, dav(s) Adeus - farvel, hej-hej Onde está...? - hvor ligger...? ... o baño - badeværelset. ... o hospital - hospitalet/sygehuset. Fala (vostede) galego? - taler De galicisk? Grazas! - tak! De nada - tak, i lige måde/ingen årsag Canto custa? - hvor meget koster det?/hvad koster det? Si - ja ou jo Non - nej

Os números do un a vinte en dinamarqués son:

en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en dinamarqués Ligazóns externas Dicionario Freelang - Dicionario danés-español/español-danés. Danish 101 Learn Danish online]

Categoría:Lingua dinamarquesa Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Dinamarca Categoría:Linguas de Islandia Categoría:Linguas de Noruega Categoría:Linguas de Suecia