Biosatellite 3, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 3 e como Biosatellite D, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de xuño de 1969 mediante un foguete Delta N desde o complexo de lanzamento 17A do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Características Biosatellite 3 foi o terceiro e último da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 356 km de perixeo, 387 km de apoxeo e 33,5 graos de inclinación orbital, cun período de 92,0 minutos.

Biosatellite 3 levaba a bordo un macaco para realizar experimentos sobre o contorno espacial nos organismos vivos. A cápsula regresou a terra 9 días tralo lanzamento en lugar de tralos 30 días previstos tras comprobar que as condicións metabólicas do macaco estaban a deteriorarse rapidamente. O espécime morreu 8 horas tralo seu regreso aparentemente debido a un ataque cardíaco producido por deshidratación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Biosatellite 1 Biosatellite 2

Categoría:Satélites artificiais