O Dinamo Riga (en letón Rīgas Dinamo) foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Riga (Letonia). Durante o derradeiro ano da súa existencia competiu na liga letoa. Na súa última etapa na liga letoa o equipo xogou os seus partidos como local no Inbox.lv ledus halle, un pavillón con capacidade para 1 000 persoas.

Aínda que anteriormente houbo un equipo co mesmo nome, o club foi refundado en 2008 para formar parte da nova competición eurasiática, a Kontinental Hockey League (KHL). O 2 de setembro de 2008 xogou o primeiro partido da historia da nova competición eurasiática, gañando por 4 goles a 2 ao Amur Khabarovsk ruso. Durante os anos que participou na liga eurasiática xogou os seus partidos como local no Arena Riga, un pavillón con capacidade para 10 300 persoas.

En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia en Ucraína, a ministra de educación e ciencia, e responsable tamén de deportes de Letonia, Anita Muižniece, declarou que a participación do equipo letón, un dos fundadores da KHL e considerado o equipo deportivo máis importante do país, na KHL debía finalizar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web dos seareiros

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Letonia Categoría:Equipos da KHL