CAT 3, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 3, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 19 de xuño de 1981 mediante o terceiro foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.

Características CAT 3 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do terceiro Ariane 1. Foi posto nunha órbita inicial de 200,8 km de perixeo, 36.173 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 10,6 graos e un período de 638,6 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 6 órbitas. A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete. Emitía a unha frecuencia de entre 136 e 138 MHz.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 1 CAT 1 CAT 4

Categoría:Satélites artificiais