Planet 51 é un filme de animación español dirixido por Jorge Blanco, Javier Abad e Marcos Martínez que se estreou no 2009.
Sinopse Planet 51 é a historia dunha familia de extraterrestres que vive tranquilamente no seu planeta ata a chegada do que para eles é un alieníxena: un ser humano. O Capitán Charles "Chuck" Baker, astronauta americano, aterra en Planet 51 pensando que é a primeira persoa en pisar o planeta. Para a súa sorpresa, descobre que o planeta está habitado por pequenas criaturas verdes que viven felizmente nun mundo inzado de cercas brancas, reminiscencia da alegre inocencia da América dos anos 50.
Personaxes Justin Long como Lem Dwayne Johnson como Capitán Charles "Chuck" T. Baker Jessica Biel como Neera Gary Oldman como Xeneral Grawl Seann William Scott como Skiff John Cleese como Profesor Kipple James Corden e Mathew Horne como os dous soldados que cren ser zombis. Freddie Benedict como Eckle Alan Marriott como Glar
Galardóns e nomeamentos 2009: Goya ó mellor filme de animación. 2 nomeamentos. 2010: Premios do Cine Europeo: Nomeado ó mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2009 en 3D Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes sobre extraterrestres