CHAMP (acrónimo de CHAllenging Minisatellite Payload) foi un satélite artificial alemán lanzado o 15 de xullo de 2000 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características CHAMP adicouse á investigación xeofísica e atmosférica. A bordo levaba un acelerómetro, magnetómetros, un receptor GPS, un retroreflector láser e un medidor de arrastre de ións. CHAMP fixo medicións precisas dos campos gravitatorio e magnético durante a súa vida útil.
Os obxectivos principais de CHAMP son tres:
Medir con precisión características globais de gran lonxitude de onda do campo de gravidade estático da Terra e a variación temporal desde campo. Medir con precisión as estimacións globais do campo magnético principal e da codia terrestre e variabilidade no espazo e no tempo das compoñentes do campo. Tomar datos da refracción dos sinais GPS cando as ondas pasan pola atmosfera e a ionosfera, que poden ser transformados en datos de temperatura e contido de vapor e electróns.
Notas
Categoría:Satélites artificiais