miniatura|dereita|Cabeza e pescozo dun embrión de 18 semanas coa cartilaxe de Meckel e hioide expostos. miniatura|Mandíbula dun embrión humano de 95 mm. Aspecto interno, cos núcleos das cartilaxes punteados. As cartilaxes de Meckel (esquerda e dereita) son cartilaxes orixinadas no embrión que forman o arco mandibular (1º arco farínxeo). Na cartilaxe de Meckel desenvólvense os ósos do oído martelo e bigornia e serve de guía para a formación da mandíbula.
Extremos. O extremo dorsal desta cartilaxe está conectado coa cápsula ótica e osifícase formando o óso martelo. Os extremos ventrais das dúas cartilaxes (esquerda e dereita) aproxímanse na zona onde se formará a sínfise mentoniana da mandíbula J.F. Rodríguez-Vázquez, J.R. Mérida-Velasco, J.A. Mérida-Velasco, I. Sánchez-Montesinos, J. Espín-Ferra, J. Jiménez-Collado. Development of Meckel’s Cartilage in the Symphyseal Region in Man. The anatomical record 249:249–254 (1997) , na que se encontran os dentes incisivos, que non se soldará de todo ata os dous anos de vida.
Parte intermedia. A parte intermedia da cartilaxe desaparece. A porción adxacente ao martelo é substituída por unha membrana fibrosa, que constitúe o ligamento esfenomandibular. A partir do tecido conectivo que cobre o resto da cartilaxe fórmase por osificación a maior parte da mandíbula.Suk Keun Lee, Yeon Sook Kim, Hee Soo Oh, Kyu Ho Yang, Eun Cheol Kim, Je Geun Chi. Prenatal Development of the Human Mandible. The Anatomical Record. 263:314–325 (2001). Nos humanos a osificación dá comezo durante a sexta semana de vida intrauterina. Por tanto, non é a cartilaxe a que se osifica senón as membranas conectivas que o rodean pola parte lateral, aínda que serve como director da osificación e parte da cartilaxe pode incorporarse ao óso na parte ventral.
A cartilaxe recibe o seu nome por Johann Friedrich Meckel, que a descubriu en 1820.
Evolución A cartilaxe de Meckel é unha peza cartilaxinosa a partir da cal evolucionaron as mandíbulas dos vertebrados. Orixinalmente esta cartilaxe era a cartilaxe inferior das dúas que sostiñan o primeiro arco branquial nos primeiros peixes. Despois, fíxose máis longa e forte e nela inseríronse os músculos necesarios para pechar a mandíbula que se estaba desenvolvendo.The Gill Arches: Meckel's Cartilage at Palaeos
Nos primeiros peixes e nos condrictios (peixes cartilaxinosos como os tiburóns e as raias, que non son peixes primitivos senón evolucionados), a cartilaxe de Meckel segue sendo o principal compoñente da mandíbula. Pero nas formas adultas dos osteíctios (peixes óseos) e nos seus descendentes tetrápodos (anfibios, réptiles, aves, e mamíferos), a cartilaxe queda cuberta de tecido óseo, aínda que nos seus embrións a mandíbula se desenvolve tamén a partir desta cartilaxe. En case todos os tetrápodos a cartilaxe osifícase parcialmente na súa parte posterior orixinando o óso articular, que forma parte da articulación da mandíbula, pero nos mamíferos esa parte dá lugar ao martelo, polo que non ten funcións articulares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas palaeos.com WhoNamedIt - synd 2049
Categoría:Esqueleto Categoría:Embrioloxía