One Piece é unha serie de animación xaponesa producida pola Toei Animation, baseada no manga homónimo de Eiichiro Oda. Comezou a emitirse en formato para a televisión en 1999. En Galicia, a TVG e a tvG2 emiten a serie dentro do espazo Xabarín Club.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Luffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o tesouro One Piece o que o convertería no Rei dos Piratas.

Xeral Temporada Episodios Emisión orixinal no Xapón Emisión galega na TVG e tvG2 Primeiro episodio Último episodio Primeiro episodio Último episodio1 O Mar do Leste 1-61 20 de outubro do 1999 7 de marzo do 2001 30 de xuño do 2008 14 de abril do 20122 A entrada na Gran Ruta 62-77 14 de marzo do 2001 19 de agosto do 2001 21 de abril do 2012 4 de agosto do 20123 Aparece Chopper na illa invernal 78-92 26 de agosto do 2001 9 de decembro do 2001 11 de agosto do 2012 5 de xaneiro do 2013 4 Arabasta 93-130 16 de decembro do 2001 27 de outubro do 2002 12 de xaneiro do 2013 _5 Despois Arabasta 131-143 3 de novembro do 2002 2 de febreiro do 2003 _ _6 Skypiea 144-195 9 de febreiro do 2003 13 de xuño do 2004 _ _7 Despois Skypiea 196-228 20 de xuño do 2004 27 de marzo do 2005 _ _8 Water Seven 229-263 17 de abril do 2005 30 de abril do 2006 _ _9 Enies Lobby 264-336 21 de maio de 2006 23 de decembro de 2007 _ _10 Thriller Bark 337-381 6 de xaneiro de 2008 14 de decembro de 2008 _ _

Episodios

Esta é unha listaxe dos episodios da serie One Piece, organizados por tempadas segundo a orde da Toei Animation:

Tempada 1: O Mar do Leste

Episodio 1: Son Ruffy, o que vai ser o Rei dos Piratas! Episodio 2: O cazador de piratas Zoro Rorona, un experto espadachín! Episodio 3: Morgan contra Ruffy. Quen é a moza misteriosa? Episodio 4: O pasado de Ruffy e a aparición de Shanks o rubio. Episodio 5: Os misteriosos e terribles poderes do capitán Buggy, o pirata pallaso! Episodio 6: Mohji o domador contra Ruffy! Unha situación desesperada! Episodio 7: Zoro, o experto espadachín contra Cabaji o acróbata! Un combate feroz! Episodio 8: Enfrontamento entre Froitos do Demo! Quen é o vencedor? Episodio 9: O falcatrueiro do Capitán Usopp. Episodio 10: O fulano máis raro do mundo! Jango o hipnotizador. Episodio 11: O descubrimento da intriga, o mordomo é o capitán pirata Kuro! Episodio 12: O gran combate contra a cuadrilla do capitán Kuro. Episodio 13: A parella asasina. Os irmáns Nyaban contra Zoro. Episodio 14: Ruffy espertou! A impotencia da señorita Kaya. Episodio 15: A decisión de Usopp. Derrotar o capitán Kuro! Episodio 16: Os piratas da cuadrilla de Usopp entran en acción! Protexendo a Kaya!. Episodio 17: Explosión de rabia! Fin do combate entre Kuro e Ruffy. Episodio 18: Gaimon e os seus estraños compañeiros. Episodio 19: O pasado do triplo espadachín. A promesa de Zoro e Kuina. Episodio 20: Sanji! O famoso cociñeiro do barco restaurante. Episodio 21: Gin, o cliente non desexado, agradece a bondade de Sanji. Episodio 22: A poderosa frota do almirante Don Krieg. Episodio 23: A defensa do Baratie e o gran pirata Zeff Pés Vermellos. Episodio 24: Ollos de Falcón e a caída ao mar de Zoro o espadachín. Episodio 25: Explosión de patadas! Sanji contra Perla Muro de Ferro. Episodio 26: O soño de Zeff e Sanji, a fantasía do Mar Total. Episodio 27: O inimigo sanguinario. Gin, o Comandante Pirata. Episodio 28: A batalla feroz entre Ruffy e o Capitán Krieg. Episodio 29: Golpe mortal! O final da batalla. Episodio 30: A despedida. O cociñeiro Sanji embarca con Ruffy. Episodio 31: O Home-Peixe Arlong! O pirata máis cruel do Mar do Leste. Episodio 32: A bruxa da aldea de Cocoyashi. Episodio 33: Usopp irá morrer?! Ruffy vai dar chegado? Episodio 34: O reencontro. A verdade de Nami contada por Usopp. Episodio 35: O pasado oculto. A guerreira Bellemere. Episodio 36: Os lazos familiares entre Nami e Bellemere. Episodio 37: Ruffy reacciona. A fin dunha promesa rota. Episodio 38: Ruffy en apuros. Os Homes-Peixe contra a cuadrilla de Ruffy. Episodio 39: Ruffy afoga. Zoro contra o polbo Octo. Episodio 40: Guerreiros destemidos. As violentas batallas de Sanji e Usopp. Episodio 41: Ruffy a toda máquina. A decisión de Nami e o sombreiro de palla. Episodio 42: A explosión de Arlong. Ataque feroz desde o mar! Episodio 43: A fin do imperio dos Homes-Peixe! Nami é a miña compañeira! Episodio 44: Partindo cun sorriso. Adeus á miña terra, a aldea dos cocos. Episodio 45: Búscase. Ruffy Sombreiro de Palla acada sona mundial. Episodio 46: Tras do do sombreiro de palla. A grande aventura do pequeno Buggy. Episodio 47: Estabades á espera. O regreso do capitán Buggy. Episodio 48: A cidade do principio e a fin. Chegada a Vilalogue. Episodio 49: Sandai Kitetsu e Yubashiri. As espadas novas de Zoro e a sarxento. Episodio 50: Usopp contra o pai Daddy. Duelo a plena luz do día. Episodio 51: Unha ardente batalla culinaria. Sanji contra a chef espectacular. Episodio 52: A vinganza de Buggy. O home que sorrí no patíbulo. Episodio 53: A lenda empezou. Rumbo á Gran Ruta. Episodio 54: Apis! Unha rapariga misteriosa. Episodio 55: A criatura prodixiosa. O segredo de Apis e a illa lendaria. Episodio 56: O ataque de Erik. A gran fuxida da Illa do Buque de Guerra. Episodio 57: A lendaria illa perdida no medio do océano. Episodio 58: Duelo nas ruínas. Zoro contra Erik. Episodio 59: A estrataxema secreta do Almirante Nelson. Ruffy está rodeado. Episodio 60: Algo que voa no ceo. A lenda resucita. Episodio 61: Enfrontamento feroz. A entrada na Liña Vermella.

Tempada 2: A entrada na Gran Ruta

Episodio 62: Un cachalote xigante. A aparición de Raboon. Episodio 63: A promesa dun home. Ruffy e o cachalote comprométense a un reencontro. Episodio 64: Unha vila de amantes dos piratas? Chegada a Whisky Peak. Episodio 65: A técnica das tres espadas. Zoro contra a Gavela dos Barrocos. Episodio 66: Un combate en serio! Ruffy contra Zoro nun duelo inesperado. Episodio 67: Salvade a raíña Vivi! A fuxida da cuadrilla pirata de Ruffy. Episodio 68: Aguanta, Coby! Diario da loita de Coby e Helmeppo. Episodio 69: A determinación de Coby e Helmeppo. O amor paternal do Vice-Almirante Garp. Episodio 70: A illa prehistórica. Unha sombra axexa en Xardín Pequeno. Episodio 71: O gran duelo! Os xigantes Dorry e Brogy. Episodio 72: Ruffy cabréase. Xogo sucio nun combate sagrado. Episodio 73: Brogy chora a vitoria! O veredicto de Erbaf. Episodio 74: O home candea. Bágoas de pesar e bágoas de rabia. Episodio 75: Arte máxica contra Ruffy. A Trampa de Cores. Episodio 76: Contraataque urxente. As ocorrencias de Usopp e as súas estrelas. Episodio 77: Adeus illa dos xigantes! Rumbo a Arabasta.

Tempada 3: Aparece Chopper na illa do inverno

Episodio 78: Nami está enferma? Alén de onde a neve cae no mar. Episodio 79: Sorpresa! A emboscada de Wapol. Episodio 80: Unha illa sen médicos? Aventura nun país sen nome. Episodio 81: Estades contentos? Unha médica chamada bruxa. Episodio 82: A determinación de Dolton. A xente de Wapol desembarca na illa. Episodio 83: A illa das neves eternas. Hai que escalar o monte de Drum! Episodio 84: O reno do nariz azul. O segredo de Chopper. Episodio 85: Un pesadelo. O doutor Hiruruku, o matasáns. Episodio 86: As cerdeiras de Hiruruku e a súa derradeira vontade. Episodio 87: A cuadrilla de Wapol. Os poderes do froito do Baku Baku. Episodio 88: O froito do demo tipo animal. As sete metamorfoses de Chopper. Episodio 89: A fin do reinado. A bandeira da fe ondea para sempre. Episodio 90: As cerdeiras de Hiruruku. O milagre do monte Drum. Episodio 91: Adeus, illa de Drum! Vou navegar polo mar adiante! Episodio 92: O heroe de Arabasta e a bailarina a bordo.

Tempada 4: Arabasta

Episodio 93: Arribada ao país do deserto. Os pos da chuvia e o exército rebelde. Episodio 94: O reencontro dos grandes. Chámase Ace, Puño de Lapas. Episodio 95: Ace e Ruffy! Recordos emocionados e lazos entre irmáns. Episodio 96: A cidade verde de Erumalu e os Kung Fu Dugongs. Episodio 97: Aventura nun país de area. Os monstros axexan na terra desértica. Episodio 98: Aparecen os piratas do deserto. Xente que vive en liberdade. Episodio 99: O orgullo dos impostores. Kamyu, o corazón do exército rebelde. Episodio 100: Koza, o xefe do exército rebelde. O protector de Vivi. Episodio 101: Duelo entre ondas abrasadoras. Ace contra Alacrán. Episodio 102: Perdidos nas ruínas. Vivi, a amizade e o modelo de país. Episodio 103: Os axentes inimigos xúntanse no Café Araña ás oito. Episodio 104: Ruffy contra Vivi. Xuramento entre bágoas dos compañeiros. Episodio 105: A fronte de Arabasta. Base Pluvial. A cidade dos soños.

[...] Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de One Piece

One Piece Categoría:One Piece Categoría:Anime con versión galega