Longa Marcha 2A (Chang Zheng 2A en pinyin) foi o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.
Características
O Longa Marcha 2A foi un lanzador orbital chinés deseñado para lanzar o satélite de recoñecemento FSW-1. Comezouse a desenvolver en 1970 pola CALT e estaba baseado no mísil balístico intercontinental DF-5. A primeira etapa tiña catro motores alimentados por tetróxido de nitróxeno e UDMH (unha combinación hipergólica). A segunda etapa contaba cun só motor, alimentada pola mesma combinación de propelentes que a primeira e catro motores vernier para o control da actitude do foguete. O sistema de guiado estaba computerizado e usaba unha plataforma inercial.
O Longa Marcha 2A fixo catro voos, dos cales tres foron exitosos.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 1 5 de novembro de 1974 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 1 Fallo Primeiro voo, errado debido a un problema coa cablaxe que tiña que levar o sinal do xiroscopio á electrónica do foguete. 2 26 de novembro de 1975 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 1 Éxito 3 7 de decembro de 1976 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 2 Éxito 4 26 de xaneiro de 1978 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 3 Éxito Último voo dun Longa Marcha 2A.
Notas
Categoría:Longa Marcha (foguete)