A leiterena frondosa (Euphorbia esula) é unha especie de Euphorbia, nativaGermplasm Resources Information Network: Euphorbia esula Flora Europaea: Euphorbia esula dos Azores, sur e centro de Europa, incluíndo GaliciaMaría Inmaculada Romero Buján Catálogo da Flora de Galicia, e gran parte de Asia: Oriente Medio, Cáucaso, Siberia oriental, China e Corea. Tamén está presente como especie naturalizada no Canadá, os Estados Unidos, México, Dinamarca, Noruega e o Reino Unido.Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. ISBN 0-340-40170-2
Características miniatura|esquerda miniatura|Detalle das flores e das sementes inmaturas
É unha planta perenne herbácea que medra ata 1-1,2 metros de altura, con talo ramificado desde a base, os talos son lisos ou lixeira ou completamente, pilosos. As follas son pequenas, lanceoladas de entre 4 e 8,5 cm de longo e 1 cm de largo, cun bordo lixeiramente ondulado. As flores son pequenas, producidas en umbelas cun par basal de brácteas semellantes a pétalos de cor amarela verdosa brillante. Os acios de brácteas aparecen a fins da primavera, mentres as flores reais non se desenvolven ata o principio do verán. Todas as partes da planta conteñen o látex, líquido leitoso tóxico.Huxley, A, ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. ISBN 0-333-47494-5
Reprodúcese por sementes que teñen unha taxa alta de xerminación e que poden seguir sendo viables no terreo cando menos durante sete anos. As cápsulas da semente abren explosivamente, esparexendo a semente ata cinco metros da planta de orixe, e por medio da auga ou da fauna poden chegar moito máis lonxe. Tamén pode propagarse vexetativamente desde a raíz, que é complexa, chegando a se introducir ata 8 metros dentro da terra e cun largo de 5, e cpode ter numerosos abrochos.
Existen dúas subespecies e un híbrido: Euphorbia esula subsp. esula. As follas son máis largas preto do ápice; brácteas 5–15 mm. Euphorbia esula subsp. tommasiniana (Bertol.) Kuzmanov (syn. E. waldsteinii (Sojak) A.R.Smith; E. virgata Waldst. & Kit.). As follas máis amplas no medio; brácteas 12–35 mm. Oriente de Europa, occidente de Asia. Euphorbia esula nothosubsp. pseudovirgata (Schur) Govaerts. Híbrida entre as dúas subespecies.
Especie invasiva Chegou a América do Norte a comezos do século XIX desde Europa dentro de lotes de sementes agrícolas, entrando en competencia coas plantas indíxenas en especial nas praderías, acaparando a auga e os nutrientes, e producindo toxinas que impiden o crecemento doutras plantas ao seu arredor. Por esta razón está identificada como unha herba danosa en varios parques nacionais e en reservas naturais de once estados e clasificada como especie invasiva polo Departamento de Agricultra dos Estados Unidos.Species Profile - Leafy Spurge (Euphorbia esula) , National Invasive Species Information Center, National Agricultural Library En Europa tamén é danosa localmente, así nas zonas de praderías inundables do Val de Saône é unha ameaza para unha quincena de plantas protexidas Revue de l'ONCFS (Faune sauvage, Avril 2008).
Pola súa natureza persistente a a súa capacidade de se rexenerar a partir de pequenos fragmentos das súas raíces, é moi difícil de erradicar, existindo programas de control biolóxico "War on Weeds," Rails to Trails Magazine, Spring 2004, p. 3. Tamén se empregan varios herbicidas sistemáticos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Perfil en Natural Resources Consevation Services do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos Perfil en Global Invasive Species Database
Categoría:Euphorbia Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1753