Rogue é un filme australiano dirixido por Greg McLean que se estreou no 2007.

Sinopse Pete (Michael Vartan) é un xornalista americano que fai unha reportaxe sobre a industria turística no norte de Australia. Alí unirase a un grupo de excursionistas e á súa fermosa guía, Kate (Radha Mitchell), para realizar un cruceiro por un río que atravesa un parque natural australiano. Todo transcorre con normalidade ata que, de súpeto, o barco bate cun descomunal crocodilo e fica varado nun illote. Cando cae a noite, o grupo convértese nunha presa doada para a besta, e comeza unha feroz loita pola supervivencia nun dos lugares máis salvaxes do mundo.

Personaxes Michael Vartan como Pete McKell Radha Mitchell como Kate Ryan Sam Worthington como Neil Stephen Curry como Simon Celia Ireland como Gwen John Jarratt como Russell Heather Mitchell como Elizabeth Geoff Morrell como Allen Mia Wasikowska como Sherry Caroline Brazier como Mary Ellen Robert Taylor como Everett Kennedy Damien Richardson como Collin

Galardóns e nomeamentos 2007: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes de terror con animais Categoría:Filmes sobre crocodilos