O Malecón da Habana é un dique que se estende ó longo de 8 quilómetros pola costa norte da cidade da Habana. Comezouse a construír en 1901, durante o goberno provisional dos Estados Unidos na illa. O Malecón inclúe unha grande avenida de 6 carreiros e un ancho muro de cemento de 7000 metros de lonxitude que constitúe un dos lugares de encontro máis visitados da capital cubana, así como un dos máis turísticos.

A súa construción realizouse por etapas sucesivas e durou cerca de cincuenta anos, O primeiro traxecto 1901-1902 abarcou desde o Paseo do Prado ata a rúa Crespo. O segundo tramo 1902-1921 estendíase ata o Monumento ao Maine. O terceiro tramo que durou ata os anos 30 terminou na Avenida dos Presidentes. O cuarto tramo e final 1948 - 1958 culminaba o malecón na desembocadura do río Almendares.

Véxase tamén Ligazóns externas

O Malecón da Habana

Categoría:A Habana Categoría:Arquitectura de Cuba