Anthony "Tony" Yeboah, nado en Kumasi o 6 de xuño de 1966, é un antigo xogador profesional de fútbol ghanés que xogou como dianteiro de 1981 a 2003.

Traxectoria A súa carreira transcorreu entre 1988 e 2001 en clubs europeos: 1. FC Saarbrücken, Eintracht Frankfurt, Leeds United e Hamburger SV. Tamén xogou no Asante Kotoko, Cornerstones Kumasi, Okwawu United e Al-Ittihad Doha e foi seleccionado 59 veces pola selección nacional de Ghana, marcando 29 goles. Tras a súa retirada da competición leva unha axencia deportiva internacional e unha cadea de hoteis en Ghana.

Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Personalidades de Ghana Categoría:Nados en Kumasi