Cancún (do maia kaan kun: niño de cobras), é unha cidade de México, localizada na costa nordés da península do Iucatán, no estado de Quintana Roo e capital do concello de Benito Juárez. É un importante centro turístico internacional, recoñecido pola OMT. Premio OMT Cancún.. A súa poboación era de 628.306 habitantes en 2010.

Toponimia e escudo

miniatura|esquerda|Fonte alusiva ao escudo de Benito Juárez, Avs. Cobá y Náder.

Toponimia

Existen dúas versións sobre a orixe do nome, dependendo da pronuncia maia: a primeira versión é «niño de serpes» e a segunda versión, menos aceptada, é o «lugar da serpe dourada». Isto débese a que a illa de Cancún ten forma de "7", e no amencer aseméllase á forma dunha serpe dourada, polo reflexo do Sol.

Escudo

O escudo do concello de Benito Juárez, que tamén representa á cidade de Cancún, foi creado polo deseñador gráfico californiano de orixe mexicana Joe Vera, despois dun concurso convocado por Fonatur. Divídese en tres partes: a cor azul simboliza o mar Caribe; o amarelo, a area, e o vermello, os raios do Sol.

Clima

300px|miniatura|Ocaso sobre a lagoa Nichupté.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do concello de Benito Juárez

Categoría:Turismo en México Categoría:Localidades do estado de Quintana Roo