Species. Especies asasinas (en ) é un filme estadounidense dirixido por Roger Donaldson que se estreou en 1995. O filme tivo unha secuela no ano 1998, Species II, na que Henstridge, Madsen e Helgenberger retomaron os seus papeis. A este filme seguiuno outro no 2004, Species III e no 2007 Species: The Awakening, que é un filme separado do resto da serie, cuxa historia non continúa a das anteriores.

Sinopse Cando unha fermosa rapaza resultante do cruzamento dun ser humano e dun alieníxena (Natasha Henstridge) foxe dun laboratorio de observación, o científico Xavier Fich (Ben Kingsley) envía na súa busca a un asasino profesional (Michael Madsen), a un psiquiatra, a unha bióloga e a un antropólogo para dar con ela. Mentres seguen a súa pista pola cidade dos Ánxeles, o equipo descobre cal é o seu plan; aparearse con homes para producir crías que poidan destruír á raza humana. Mentres o seu mortal reloxo biolóxico avanza con rapidez, Fitch e o seu equipo lánzanse a unha inquietante persecución da que depende o destino da humanidade.

Personaxes Ben Kingsley como Xavier Fitch Michael Madsen como Preston "Press" Lennox Alfred Molina como Dr. Stephen Arden Forest Whitaker como Dan Smithson Natasha Henstridge como Sil Marg Helgenberger como Doutora Laura Baker Michelle Williams como Xove Sil Whip Hubley como John Carey

Galardóns e nomeamentos 1995: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roger Donaldson Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego