miniatura|dereita|Pericitos revestindo a superficie externa das células endoteliais, rodeando a un eritrocito (E).
Un pericito é un tipo de célula que se encontra no sistema nervioso central. Os pericitos están máis especificamente localizados arredor das capas de células endoteliais da rede de capilares do cerebro. Os pericitos exercen un papel integral no mantemento da barreira hemetocerebral e outras funcións homeostáticas e hemostáticas no cerebro. Estas células son tamén un compoñente chave da unidade neurovascular, a cal inclúe as células endoteliais, astrocitos, e neuronas. Os pericitos realizan funcións como a regulación do fluxo sanguíneo nos capilares, eliminación e fagocitose de refugallos celulares, e regulación da permeabilidade da barreira hematocerebral. Os pericitos poden tamén contribuír á estabilización e monitorización da maduración das células endoteliais por medio dunha comunicación directa entre a membrana celular e tamén por sinalización parácrina. Recentes estudos indican tamén que a ausencia de pericitos no sistema nervioso central poden causar a rotura da barreira hematocerebral e orixinar outros cambios dexenerativos no cerebro.
Morfoloxía miniatura|Unión comunicante orixinada pola conexina entre dúas células veciñas. No sistema nervioso central, os pericitos envólvense arredor das células endoteliais que revisten a parte externa dos capilares. Estes dous tipos de células poden distinguirse facilmente unhas doutras polo prominente núcleo celular arredondado do pericito comparado co núcleo plano e alongado das células endoteliais. Os pericitos tamén proxectan extensións con forma de dedo que rodean a parede do capilar, o que permite ás células regular o fluxo sanguíneo capilar. Os pericitos e as células endoteliais comparten unha membrana basal na que se realizan moitas conexións intercelulares. Moitos tipos de moléculas de integrinas facilitan a comunicación entre os pericitos e as células endoteliais separadas pola membrana basal. Os pericitos poden tamén formar conexións directas coas células veciñas nas que partes dunha célula encaixan en partes da outra, como as engrenaxes dun reloxio. Neses puntos de encaixe, poden formarse unións comunicantes, que permiten aos pericitos e ás células veciñas o intercambio de ións e outras pequenas moléculas. Entre as moléculas máis importantes nestas conexións están a N-cadherina, a fibronectina, a conexina e varias integrinas. Nalgunhas rexións da membrana basal, poden atoparse placas de adhesión compostas de fibronectina. Estas placas facilitan a conexión da membrana basal á estrutura do citoesqueleto composta de actina, e a membrana plasmática dos pericitos e células endoteliais.
Funcións Barreira hematocerebral
Os pericitos desempeñan un papel fundamental na formación e funcionalidade do espazo permeable selectivo entre o sistema circulatorio e o sistema nervioso central. Este espazo coñécese como barreira hematocerebral. Esta barreira está composta por células endoteliais e asegura a protección e funcionalidade do cerebro e sistema nervioso central. Aínda que se teorizara que os astrocitos eran cruciais para a formación posnatal desta barreira, encontrouse despois que os pericitos son en gran parte responsables desta función. Os pericitos son responsables da formación de unións herméticas e do tráfico de vesículas entre as células endoteliais. Ademais, permiten a formación da barreira ao inhibiren os efectos das células inmunitarias do sistema nervioso central (que poderían afectar á formación da barreira) e ao reduciren a expresión de moléculas que incrementan a permeabilidade vascular.Daneman, Richard et al. (2010) Pericytes are required for blood–brain barrier integrity during embryogenesis. "nature" 468, 562-566
Ademais da formación da barreira hematocerebral, os pericitos teñen un papel activo na súa funcionalidade ao controlaren o fluxo nos vasos sanguíneos e entre os vasos sanguíneos e o cerebro. Como células contráctiles que son, poden abrirse ou pecharse en maior ou menor grao permitindo ou non que partículas de certo tamaño flúan a través dos vasos. Esta regulación do fluxo sanguíneo é beneficiosa para a función neuronal porque impide que certas partículas do sangue entren no cerebro. Cando non están presentes os pericitos, na barreira ten lugar o proceso chamado transcitose. Isto permite que partículas de varios tamaños, entre as que están proteínas plasmáticas grandes, entren facilmente no cerebro con pouca ou ningunha regulación. Este proceso é peculiar porque a barreira hematoencefálica adoita a exercer unha forte regulación en condicións normais.Investigators Reveal Key to Blood-Brain Barrier. This passage of particles can be adverse to brain function because many of such can are toxic or harmful to some extent. GEN" (2010)http://www.genengnews.com/gen-news-highlights/investigators-reveal-key-to-blood-brain-barrier/81244067/ Deste modo, os pericitos xogan un papel fundamental para impedir que substancias químicas daniñas entren no cerebro e interrompan as funcións neurolóxicas. A funcionalidade ou disfuncionalidade dos pericitos tamén se cre que contribúe ao establecemento de enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer, o Parkinson e o ALS (enfermidade de Lou Gehrig). Ademais, a elasticidade do pericito é beneficiosa porque poden expandirse para reducir a inflamación e deixar que as substancias nocivas difundan fóra do cerebro.Pericytes regulate blood–brain barrier (2010)
Estas células tamén son importantes no incremento da microcirculación e na redución dos efectos do envellecemento do cerebro. Nun estudo sobre ratos adultos con deficiencia de pericitos, encontrouse que a ausencia de ditas células no cerebro orixinaba danos vasculares con perda da microcirculación e do fluxo sanguíneo cerebral. Este fluxo sanguíneo é indispensable para mediar os efectos causados polo estrés, hipoxia e outras condicións que poden alterar a homeostase. Ademais, cando os pericitos non están presentes, a barreira hematoencefálica non degrada certas proteínas séricas neurotóxicas e vasculotóxicas, que así poden reforzar os cambios dexenerativos. Entre eses cambios están a inflamación e a perda de memoria e capacidade de aprendizaxe.Bell, Robert D. et al. Pericytes Control Key Neurovascular Functions and Neuronal Phenotype in the Adult Brain and during Brain Aging. "Cell" 68 Vol 3 409-427 (2010) http://www.cell.com/neuron/abstract/S0896-6273(10)00824-X
Anxioxénese e supervivencia das células endoteliais Os pericitos están tamén asociados coa capacidade das células endoteliais de diferenciarse, multiplicarse, formar ramificacións vasculares (anxioxénese), sobrevivir aos sinais apoptóticos e viaxar polo corpo. Certos pericitos, chamados pericitos microvasculares, desenvólvense arredor das paredes dos capilares e axudan ás células endoteliais nestas funcións. Os pericitos microvasculares poderían non ser células contráctiles porque carecen das isoformas de alfa-actina; que son comúns noutras células contráctiles. Estas células comunícanse coas células endoteliais por medio de unións comunicantes e á súa vez fan que as células endoteliais proliferen ou sexan inhibidas selectivamente. Se este proceso non ocorre, poden darse hiperplasia e morfoxénese vascular anormal. Estes tipos de pericitos poden tamén fagocitar proteínas exóxenas. Isto suxire que este tipo celular podería ter derivado da microglía.Pericyte, Astrocyte and Basal Lamina Association with the Blood Brain Barrier (BBB) http://davislab.med.arizona.edu/content/pericyte-astrocyte-and-basal-lamina-association-blood-brain-barrier-bbb
É tamén importante subliñar que os pericitos manteñen unha plasticidade que lles permite diferenciárense en varios tipos de células, como células musculares lisas, fibroblastos e outras células nai mesenquimais. Esta versatilidade favorece que poidan remodelar activamente os vasos sanguíneos de todo o corpo e poidan mesturarse homoxeneamente co ambiente do tecido local.Gerhardt H, Betsholtz C.(2003) Endothelial-pericyte interactions in angiogenesis. "Cell Tissue Res." 314(1), 15-23 http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/12883993
Ademais de crearen e remodelaren vasos sanguíneos de modo viable, os pericitos protexen as células endoteliais da morte por apoptose ou da causada por substancias citotóxicas. En estudos in vivo viuse que os pericitos liberan unha hormona chamada aminopeptidase pericítica N/pAPN que pode axudar a promover a anxioxénese. Cando esta hormona se mestura con células endoteliais cerebrais e con astrocitos, os pericitos agrúpanse formando estruturas que lembran a capilares. Ademais, se no experimento estaban presentes todos os elementos necesarios con excepción dos pericitos, as células endoteliais sufrían apoptose. En conclusión, os pericitos deben estar presentes para o correcto funcionamento das células endoteliais, e os astrocitos deben estar presentes para asegurar que ambas as dúas permanezan en contacto. Se non están presentes, non se produce unha anxioxénese correcta.Ramsauer, Markus et. al. (2002) Angiogenesis of the blood–brain barrier in vitro and the function of cerebral pericytes "The FASEB Journal" 10.1096/fj.01-0814fje http://www.fasebj.org/content/early/2002/08/02/fj.01-0814fje.full.pdf Ademais, encontrouse que os pericitos contribúen á supervivencia das células endoteliais porque segregan a proteína Bcl-w durante as interaccións celulares. A Bcl-w é unha proteína instrumental das rutas que facilitan a expresión de VEGF-A e desincentivan a apoptose.Franco, Marcela et al. (2011) Pericytes promote endothelial cell survival through induction of autocrine VEGF-A signaling and Bcl-w expression "Blood" http://bloodjournal.hematologylibrary.org/content/118/10/2906 Crese que o VEGF é responsable da modulación das vías de transdución de sinais da apoptose e de inhibir a activación dos encimas que inducen a apoptose. O VEGF podería utilizar dous mecanismos bioquímicos para realizar isto, que serían a fosforilación da quinase reguladora extracelular 1 (ERK-1), que mantén a supervivencia celular, e a inhibición da proteína quinase/c-jun-NH2 quinase activada polo estrés, que tamén promove a apoptose.VEGF prevents apoptosis of human microvascular endothelial cells via opposing effects on MAPK/ERK and SAPK/JNK signaling. Exp Cell Res. 1999 Mar 15;247(2):495-504. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10066377
Patoloxías Debido ao seu importante papel no mantemento e regulación da estrutura das células endoteliais e o fluxo sanguíneo, en moitas patoloxías obsérvanse anormalidades no funcionamento dos pericitos. Poden estar presentes en exceso, o que orixina doenzas como a hipertensión e a formación de tumores, ou pode haber deficiencia deles, o que causa enfermidades dexenerativas.
Hemanxiopericitoma miniatura|Imaxe dun tumor fibroso solitario que é probablemente un hemanxiopericitoma. Rodea un vaso sanguíneo con forma de cornos de cervo, formado pola disposición dos pericitos arredor do vaso. O hemanxiopericitoma é un raro neoplasma vascular, ou crecemento anormal, que pode ser benigno ou maligno. Na súa forma maligna, poden producirse metátases nos pulmóns, fígado, cerebro, e extremidades. Maniféstase xeralmente no fémur e parte proximal da tibia como un sarcoma óseo, e dáse normalmente en xente vella, aínda que tamén hai casos en nenos. O hemanxiopericitoma está causado por un exceso de capas de pericitos arredor de vasos sanguíneos formados incorrectamente. A diagnose deste tumor é difícil a causa da imposibilidade de distinguir os pericitos doutros tipos de células usando o microscopio óptico. O tratamento pode implicar a extirpación cirúrxica do tumor ou radioterapia, dependendo do nivel de penetración no óso e do estado de desenvolvemento do tumor.
Retinopatía diabética