Andrés Eguíbar Rivas, nado en Portugalete o 5 de abril de 1954, é un político galego.
Traxectoria Comercial Administrativo. Militante das Juventudes Socialistas, foi detido en 1972 e condenado polo Tribunal de Orde Pública. Posto en liberdade, foi novamente detido na concentración socialista de homenaxe a Pablo Iglesias no cemiterio civil de Madrid e pasou dous meses en Carabanchel.
Instalado na Coruña, foi secretario de relacións políticas da Federación galega do PSOE e como tal participou na Táboa Democrática de Galicia e na Plataforma de organismos democráticos. Foi elixido deputado do Congreso polo PSOE pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). En xaneiro de 1979 abandonou o PSOE e solicitou a alta na UCD."Andrés Eguibar" 2/1/1979 El País . En 1980 foi nomeado Subdirector Xeral de Traballo da Consellería de Traballo e Servizos Sociais. Foi xerente do Xacobeo.
Notas
Véxase tamén Bibliografíoa Un viaje a la historia del socialismo coruñés del siglo XX Y XXI
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en 1954 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Nados en Portugalete