miniatura|alt=Joaquim Rocha (Igalia) en xuño de 2010|Joaquim Rocha (Igalia) en xuño de 2010 miniatura|Membros de Igalia (xullo de 2009)|alt=Membros de Igalia (xullo de 2009) Igalia é unha empresa galega adicada ó desenvolvemento de software de código aberto. Situada na Coruña, Igalia destaca polas súas contribucións ao código e mais aos estándares abertos. O seu principal eido de traballo é a creación de produtos de código aberto para unha gran diversidade de hardware e plataformas de software, en especial navegadores web, gráficos, multimedia, compiladores, virtualización, integración de Linux e drivers.
Historia Igalia é unha empresa galega de software. Fundada na Coruña en 2001, comezou participando en proxectos de software libre xa desde os inicios, especialmente a través do proxecto GNOME, no que chegou a ser parte do consello asesor. Un dos froitos dese traballo foi a publicación de Fisterra, un software ERP de código aberto baseado en tecnoloxías GNOME. Pouco despois Igalia comezou un proceso de internacionalización que a levou a colaborar en proxectos como Maemo, un sistema operativo baseado en Linux e desenvolvido por Nokia para os seus teléfonos móbiles e tabletas.
En paralelo a ese proceso de internacionalización, Igalia continuou a promover o software libre a nivel galego con iniciativas como un Máster en Software libre e a creación do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre, que anos máis tarde pasou a ser xestionado polo CIXUG e a AMTEGA, e que celebrou a súa XVII edición no ano 2024. Igalia tamén foi unha das empresas fundadoras de AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, da que continúa a formar parte.
A finais da década dos 2000 Igalia entrou no mundo dos navegadores web de código aberto, inicialmente a través do proxecto WebKit de Apple. Dende entón Igalia foi incrementando a súa presenza nesta área ata se converter na principal consultora de motores web a nivel global, participando no desenvolvemento dos principais motores con contribucións como a implementación de novos estándares ou melloras na linguaxe de programación JavaScript.
En febreiro de 2022, Mozilla comezou a dirixir aos usuarios do seu navegador web de realidade virtual, Firefox Reality, cara a o novo navegador de código aberto de Igalia, Wolvic. Malia a clausura de Firefox Reality, o propio Wolvic está baseado no seu código fonte. Ao comezo, Wolvic ía operar en Oculus, HTC Vive Focus, Pico Interactive, Daydream, Huawei VR Glasses e dispositivos Lynx de código aberto.
En xaneiro de 2023 Igalia anunciou que tomaba o control do proxecto Servo, un motor web experimental creado inicialmente por Mozilla en paralelo á linguaxe de programación Rust.
En setembro dese mesmo ano, Valve Software anunciou unha cooperación con Igalia para o desenvolvemento da videoconsola Steam Deck, baseada en Linux.
Proxectos mantidos por Igalia Grilo un framework para o acceso a contidos multimedia, como Youtube, Flickr, Jamendo, e outrosGrilo - GNOME Live!. WebKitGTK e WPE WebKit, dous portos oficiais do motor de renderizado WebKit. O navegador web GNOME web (anteriormente Epiphany). LibrePlan, unha aplicación de xestión de proxectos. OCRFeeder, unha suite OCR para GNOME. Orca, un lector de pantalla para acceder á contorna gráfica de Linux mediante combinacións de fala e braile. Servo, un motor web escrito na linguaxe Rust. Wolvic, un navegador web de realidade virtual. Os controladores gráficos de código aberto para a Raspberry Pi.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web de WebKitGTK+
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Enxeñaría de software Categoría:Tecnoloxía en Galicia