Galicia Calidade é unha marca de garantía e sociedade mercantil promovida pola Xunta de Galicia creada polo Decreto 382/1994, do 15 de decembro. Dita marca exhíbese nunha ampla gama de produtos locais, principalmente alimenticios, mediante un característico e publicitado logotipo co fin de acreditar a súa calidade e promovelos dentro e fóra de Galicia. A empresa pública Galicia Calidade S.A.U, dependente da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, encárgase da xestión e control da marca de garantía a aquelas empresas que a obtiveron.

Galicia Calidade depende dos orzamentos da xunta e das cotas que pagan as organizacións que utilizan a súa marca. Estas cotas están ligadas ás vendas de cada empresa.

A súa imaxe como icona é unha cuncha de vieira estilizada coa marca Galicia Calidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Galicia Calidade