miniatura|350px|dereita|GLP-1 e diabetes.

O péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1) é unha hormona peptídica derivada do produto de transcrición do xene do proglicagón. A principal fonte de GLP-1 no corpo son as células L intestinais que segregan GLP-1 como hormona intestinal. As formas bioloxicamente activas do GLP-1 son: o GLP-1-(7-37) e o GLP-1-(7-36)NH2, os cales se orixinan polo corte selectivo da longa molécula do proglicagón.

A secreción de GLP-1 polas células L do íleo depende da presenza de nutrientes no lume do intestino delgado. Os secretagogos (axentes que causan ou estimulan a secreción) desta hormona inclúen os principais nutrientes como os carbohidratos, proteínas e lípidos. Unha vez que está en circulación, o GLP-1 ten unha vida media de menos de 2 minutos, debido á súa rápida degradación polo encima dipeptidil peptidase-4.

É unha potente hormona antihiperglicémica, inducindo unha estimulación da secreción insulina dependente da glicosa e suprimindo a secreción de glicagón. Esta acción dependente da glicosa é especialmente interesante porque, cando a concentración de glicosa está no seu rango normal no xaxún, o GLP-1 xa non estimula a insulina para causar hipoglicemia. O GLP-1 parece restaurar asensibilidade á glicosa das células pancreáticas β, por medio dun mecanismo que posiblemente implica o incremento da expresión de GLUT2 e glicoquinase. Tamén se sabe que o GLP-1 inhibe a apoptose das células pancreáticas β e estimula a proliferación e a diferenciación das células β secretoras de insulina. Ademais, o GLP-1 inhibe a secreción e motilidade gástrica. Isto atrasa e prolonga a absorción de carbohidratos e exerce un efecto saciante.

Funcións fisiolóxicas O GLP-1 posúe varias propiedades fisiolóxicas que fan que (el ou os seus análogos) sexa suxeito dunha intensa investigación como un tratamento potencial da diabetes mellitus."Diabetes and Intestinal Incretin Hormones: A New Therapeutic Paradigm" at medscape.com (slide 36) As funcións fisiolóxicas coñecidas do GLP-1 son: Incrementa a secreción de insulina no páncreas dun modo dependente da glicosa. Diminúe a secreción de glicagón no páncreas pola acción dun receptor acoplado á proteína G específico. Incrementa a sensibilidade á insulina tanto nas células alfa coma nas beta. Incrementa a masa de células beta e a expresión do xene da insulina, o procesamento postraducional. Inhibe o baleiramento e secreción gástricas. Diminúe o consumo de comida ao incrementar a sensación de saciedade no cerebro. Promove a sensibilidade á insulina.

Como evidencia do papel fisiolóxico do GLP-1 na secreción post-prandial de insulina, comprobouse que unha dose oral de glicosa desencadea un pico na concentración de insulina plasmática moito máis grande ca o obtido cunha dose intravenosa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Incretina Péptido inhibidor gástrico Enteroglicagón Proglicagón Diabetes mellitus

Ligazóns externas UTGlucagon - glp1 MeshName - Glucagon-Like+Peptide+1

Categoría:Hormonas