Ana da Bretaña (en ; ), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.
Traxectoria Filla máis vella do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.
Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña. En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo, pero este matrimonio foi anulado.
O exército francés entrou na Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Carlos VIII (1470-1498), rei de Francia. Casaron o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.
Viviu entre Amboise, París e Lión, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña.
Antes de casar con Lois XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.
Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois. miniatura|Cadière de Ana da Bretaña (1498) Asumía ao mesmo tempo as funcións de raíña de Francia e de duquesa da Bretaña.
Deste segundo matrimonio tivo oito fillos, pero só sobreviviron dúas fillas:
Claudia de Francia (1499-1524), duquesa da Bretaña e raíña de Francia ao casar con Francisco I. Renée de Francia (1510-1589), señora de Montargis, duquesa de Chartres.
Morreu o 9 de xaneiro de 1514. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.
Véxase tamén
Bibliografía L. Le Saint, Une terre de granit. La Bretagne et son histoire. Eugène Ardant et Cie éditeurs, 1891 Château des ducs de Bretagne, Musée d'Histoire de Nantes, La biographie d'Anne de Bretagne (1477-1514)
Outros artigos
Cadière de Ana da Bretaña
Categoría:Historia da Bretaña Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en Nantes Categoría:Nados en 1477 Categoría:Finados en 1514 Categoría:Duques da Bretaña