Tonga ten unha economía pequena e aberta, e unha base de exportación reducida a poucos produtos agrícolas. Os principais son a cabaza, vainilla e o iñame. Incluíndose tamén o peixe, os produtos primarios representan o 2/3 das exportacións. O país importa unha gran cantidade de alimentos, especialmente de Nova Zelandia.
O país depende tamén das remesas de diñeiro das comunidades tonganesas residentes no exterior para equilibrar o seu déficit comercial. O turismo representa a segunda fonte de ingresos do país: o 2006 39.000 persoas visitaron o país.
O goberno estimula o desenvolvemento do sector privado, incentivando especialmente os investimentos, mentres concentra os gastos públicos en saúde e educación. Tonga ten unha infraestrutura básica razoable e un servizo social desenvolvido. O elevado desemprego entre os mozos, o crecemento da inflación, as presións por reformas democráticas e o crecemento dos gastos en servizos sociais son os principais desafíos do goberno.
Notas
Tonga Categoría:Tonga