Fernando Zunzunegui Rodríguez, nado en Vigo o 5 de outubro de 1943 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2014, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Comezou a xogar no equipo xuvenil do Chao, pasando rapidamente ao Celta de Vigo. Nun primeiro momento foi cedido ao Turista, porén o xa internacional xuvenil foi repescado tendo aínda tempo a debutar co primeiro equipo esa mesma tempada. Pronto se fixo cun posto na defensa titular. A tempada 1964-1965 foi o seu ano máis completo no Celta pero tamén o último

Rematada a tempada comezaron a chegar ofertas polo defensa vigués, fichando finalmente polo Real Madrid o 17 de xuño de 1965 a cambio de millón e medio de pesetas e as cesións de Pedrito, Lavandera e Roberto. No equipo madrileño xogou durante seis tempadas en varias posicións, disputando un total de 76 encontros. A pesar da súa boa traxectoria sempre se lle recordará o autogol que anotou na final da Copa de 1968 que deu a vitoria ao FC Barcelona por 1-0.

No ano 1973 e despois de enfrontamentos co adestrador Miguel Muñoz marchou para o Levante UD a xogar en Segunda División.

Palmarés 4 Ligas co Real Madrid: 1967, 1968, 1969 e 1972 1 Copa do Rei co Real Madrid en 1970

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes