David Laʻamea Kahalepouli Kinoiki Kawānanakoa Piʻikoi, nado o 19 de febreiro de 1868 en Honolulu e finado o 2 de xuño de 1908 en San Francisco, California, foi o patriarca da Dinastía Kawānanakoa. Era o príncipe na liña de sucesión ó trono do Reino de Hawai no momento de derrocamento do reino.

Traxectoria Nacido na nobreza hawaiana, Kawānanakoa creceu na corte real do seu tío, o rei Kalākaua, e da súa tía, a raíña Kapiʻolani, que o adoptaron a el e aos seus irmáns despois da morte dos seus pais. En múltiples ocasións, el e os seus irmáns foron considerados candidatos para a liña de sucesión ao trono hawaiano despois da súa curmá, a princesa Kaʻiulani, pero nunca foron proclamados constitucionalmente. Foi enviado a estudar no estranxeiro, nos Estados Unidos e no Reino Unido, onde foi pioneiro no deporte do surf. Despois da súa educación no estranxeiro, serviu como asesor político da sucesora de Kalākaua, a raíña Liliʻuokalani, ata o derrocamento do Reino de Hawai en 1893. Despois da anexión de Hawai aos Estados Unidos, participou na fundación do Partido Demócrata de Hawai.

Notas

Categoría:Dinastía Kawānanakoa Categoría:Dinastía Kalākaua Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Nados en Honolulu, Hawai