A Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE) é unha organización política de corte socialdemócrata que constitúe a federación asturiana do Partido Socialista Obrero Español.

Historia Tras a creación do PSOE o 2 de maio de 1879, iranse organizando grupos socialistas nas principais localidades asturianas. Desta maneira xorde en 1891 a agrupación local de Xixón, á que lle segue a de Oviedo en 1892, e as de Mieres e Sama de Langreo (Langreo) en 1897. Entre os anos 1899 e 1901, o socialismo arráigase en Asturias, celebrándose o 27 de xaneiro de 1901 no Centro Obreiro de Oviedo o Congreso fundacional da Federación Socialista Asturiana do Partido Socialista Obreiro Español (FSA-PSOE). Manuel Vigil Montoto é elixido presidente do primeiro Comité Provincial.

En 1934, a FSA formou parte da alianza obreira formalizada na UHP e estivo a favor do pacto subscrito entre o sindicato socialista UXT e a Confederación Rexional do Traballo de Asturias, León e Palencia da organización anarcosindicalista CNT. A UHP —á que se lle irían sumando logo outras organizacións obreiras— tivo unha importancia significativa na Revolución de 1934.

Durante a guerra civil, o socialista Belarmino Tomás presidirá o Consello Interprovincial de Asturias e León, transformado logo en Consello Soberano de Asturias e León.

Tras o franquismo e coa Transición Española, a FSA recobra protagonismo. Nesa época Felipe González dará un mitin no estadio de El Molinón de Xixón ao que asisten 25.000 persoas.

A FSA consegurirá alcanzar a Presidencia do Principado en 1983 con Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos. En 1991 sucédelle Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio, quen tras presentar a dimisión polo escándalo do Petromocho será substituído por Antonio Trevín Lombán en 1993. Tras unha lexislatura na oposición, a FSA consegue en 1999 da man Vicente Álvarez Areces acceder de novo ao goberno autonómico, grazas en parte á inestabilidade xerada pola ruptura de Sergio Marqués co PP, fundando a URAS, en 1998.

Tras os seis meses do goberno en minoría de Francisco Álvarez-Cascos, presidente por Foro Asturias, a FSA recuperou en 2012 a presidencia de Asturias con Javier Fernández Fernández. Foi reelixido nas eleccións de maio de 2015. thumb|250x250px|Javier Fernández, secretario xeral da FSA desde 2000 ata 2017, nun mitin en Mieres.

Na crise do PSOE do 2016, emerxeu un novo liderado na FSA-PSOE que desembocou no 32 congreso e a elección de Adrián Barbón como secretario xeral o 1 de outubro de 2017. O propio secretario xeral foi o cabeza de lista das eleccións autonómicas o 26 de maio de 2019, obtendo seis escanos máis que os obtidos por Javier Fernández en 2015. Adrián Barbón tomou posesión como Presidente do Principado de Asturias o 20 de xullo de 2019.

Resultados electorais Eleccións á Xunta Xeral ConvocatoriaVotosEscanosSituación parlamentaria1983293 320  51.96 %Goberno1987222 326 38.85 %Goberno1991218 193 41.02 %Goberno1995219 527 33.83 %Oposición1999284 972 46.00 %Goberno2003250 474 40.48 %Goberno2007252 201 42.04 %Goberno2011179 619 29.92 %Oposición2012161,154 32.01 %Goberno2015143,851 26.48 %Goberno2019185 422 35.25 %Goberno

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Federación Socialista Asturiana-PSOE

Categoría:Partidos políticos de Asturias Categoría:Federacións autonómicas do PSOE