miniatura|Un mísil Mistral montado no seu lanzador nun desfile das Forzas Armadas en 2008. Mistral é a denominación dun mísil terra-aire fabricado por MBDA e con orixe en Francia.

Características Mistral é un mísil portátil de curto alcance deseñado para ser lanzado desde diferentes plataformas: vehículos de superficie, buques, helicópteros, mediante sistemas portátiles... O seu desenvolvemento comezou en 1974 e a elección do contratista principal para fabricalo, Matra (máis tarde renomeada como Matra BAE Dynamics, máis tarde convertida en MBDA trala fusión con Aeroespatiale Matra e Alenia Marconi Systems), fíxose en 1980. As primeiras probas do mísil tiveron lugar entre 1983 e 1988 e entrou en produción en 1989. Está despregado nunhas 40 forzas armadas de 27 países distintos, cunhas 16.000 unidades encargadas.

O mísil alcanzou a capacidade operativa entrando en servizo para as tres Forzas Armadas francesas en 1990. Ten unha masa de 19 kg, un alcance máximo de intercepción de 6 km e unha altura máxima de voo de 3 km, alcanzando velocidades de Mach 2,5. Fíxase pasivamente no obxectivo usando a cabeza frontal infravermella que traballa a dúas lonxitudes de onda: 3 e 5 μm. A cabeza buscadora ten un ángulo de visión estreito para evitar ser confundida polas posibles contramedidas do obxectivo.

No momento do lanzamento o Mistral é propulsado por un pequeno motor que lle da un pulo inicial e que é exectado para a entrada en acción do motor principal de propelente sólido. Tralo lanzamento o mísil desprega catro aletas no frontal para o control da dirección.

Lanzadores O Mistral pode ser usado desde unha variedade de sistemas de lanzamento, entre os que se contan:

SATCP (acrónimo de Sol-Air à Très Courte Portée, en francés, significando terra-aire a curta distancia): o lanzador orixinal do Mistral, é o lanzador máis pequeno e portátil dispoñible para o mísil. Trátase dun lanador montado nun pedestal apoiado nun trípode e cun asento e controis para o operador no lado esquerdo. ATLAS (Affût Terrestre Léger Anti-Saturation, montura terrestre lixeira contra ataques aéreos): trátase dun lanzador dobre lixeiro que funciona de maneira parecida ó SATCP. ALBI: é un derivado de ATLAS, no que a plataforma, en lugar de estar ancorada ó solo, intégrase en forma de torreta en vehículos acoirazados. ASPIC: en forma de pedestal, tamén con dous mísiles, vai montada sobre vehículos, pero é operada remotamente. Úsase xunto cun sistema optoelectrónico que vai montado na plataforma. miniatura|Unha plataforma SIMBAD con dous Mistral. ATAM (Air-To-Air Mistral): é un sistema que permite lanzar mísiles Mistral desde helicópteros, sendo instalado en helicópteros Gazelle franceses. Deste modo poden ser lanzadas a alturas de entre o nivel do solo e os 5 km cun alcance de entre 0,6 e 5,5 km e calquera rango de velocidade do helicóptero. SIMBAD: é unha modificación de ATLAS para uso naval no que o ombro do operador pode apoiarse nun soporte para contrarrestar o movemento do buque mentres adquire o obxectivo. SADRAL (Système d'AutoDéfense Rapprochée Anti-aérienne Légère, sistema de autodefensa lixeiro antiaéreo de curto alcance): tamén para uso naval, é unha montura para seis mísiles, tres en cada lateral, e operada remotamente.

Países operadores

Arabia Saudita Austria Bélxica Brasil Brunei Chile Colombia Corea do Sur Croacia Chipre Ecuador Emiratos Árabes Unidos España Estonia Finlandia Francia Gabón Hungría Indonesia Italia Kenya Kuwait Malaisia Nova Zelandia Noruega Omán Paquistán Qatar Singapur Suíza Suráfrica Taiwán Tailandia Turquía Venezuela Xordania

Notas

Véxase tamén

Categoría:Mísiles Categoría:Mísiles antiaéreos