Jeremy William Fredric Smith, nado o 1 de xullo de 1990 en Cambridgeshire, é un actor inglés de cinema, televisión e teatro máis coñecido polo seu nome artístico Jeremy Irvine.

Traxectoria Fixo o seu debut como actor en 2011 no filme War Horse, co que se deu a coñecer. En 2012, interpretou a Philip "Pip" Pirrip na adaptación cinematográfica de Great Expectations.

Irvine acadou reputación como actor de método despois de adelgazar 13 kg para o filme The Railway Man (2013) e incluso interpretar el mesmo as escenas de tortura. Dende entón destacan os seus papeis como actor protagonista nos filmes The Woman in Black: Angel of Death (2015) e Fallen (2016).

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Notas 2011 War Horse Albert Narracott 2012 Now Is Good Adam 2012 Great Expectations Philip "Pip" Pirrip 2013 The Railway Man Eric Lomax 2014 A Night in Old Mexico Gally 2014 Beyond the Reach Ben 2015 The Woman in Black: Angel of Death Harry Burnstow 2015 The World Made Straight Travis Shelton 2015 The Bad Education Movie Atticus Hoye 2015 Stonewall Danny Winters 2016 This Beautiful Fantastic Billy 2016 Fallen Daniel Grigori 2018 Billionaire Boys Club Kyle Biltmore 2018 The Professor and the Madman Charles Hall 2018 Mamma Mia! Here We Go Again Sam (de mozo)

Televisión Ano Título Personaxe Notas 2009 Life Bites Luke 12 episodios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Cambridgeshire