Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa. Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a cidade interior máis grande de Escandinavia.
Etimoloxía Aínda que o nome de Tampere derive dos rápidos de Tammerkoski (tanto a cidade como os rápidos reciben o nome de Tammerfors en sueco), a orixá do prefixo Tammer- deste nome ten sido suxeito de numerosos debates. Ánte acepta a etimoloxía "directa" de Rahkonen e Heikkilä do protosami *Tëmpël(kōškë), significando *tëmpël "sección profunda e lenta dunha corrente" e *kōškë "rápidos" (afín ao koski finés).
Outras teorías inclúen que provén da palabra sueca damber, que significa presa; outra que se orixina das antigas palabras escandinavas þambr ("ventre groso") e þambion ("ventre inchado"), posiblemente referíndose á forma dos rápidos. Outra suxestión vincula o nome á palabra sueca Kvatemberdagar, ou máis coloquialmente Tamperdagar, que significa témporas do calendario litúrxico cristián occidental. A palabra finesa para carballo tamén se encontra na especulación, aínda que Tampere se encontra fóra da distribución natural do carballo europeo.
Historia
Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.
Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.
Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse a famosa Punainen julistus (en galego Declaración Vermella) de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.
Logo da segunda guerra mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).
Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.
Xeografía Tampere está situada aproximadamente no centro da rexión de Pirkanmaa, da cal é a súa capital e cidade máis poboada, e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi. O concello ten unha extensión total de 689,59 km², dos cales 164,66 km² son auga.
Está situada nun istmo entre os lagos Näsijärvi (ao norte) e Pyhäjärvi (ao sur), e dividida polos rápidos de Tammerkoski, que corren de norte a sur e unen ambos lagos cun desnivel de 18 metros.
Lagos O 24% da superficie do concello de Tampere son masas de auga, contándose nel en torno a 160 lagos, con todo, dous terzos destes lagos son de pequeno tamaño, tendo unha superficie inferior ás 10 hectáreas, e tan só o 10% dos lagos da cidade teñen máis de 50 hectáreas. De todos estes lagos, os maiores son o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. O Näsijärvi é o 16º lago máis grande de Finlandia: ten 44 quilómetros de lonxitude e as súas augas bañan tamén os municipios de Ylöjärvi e Ruovesi. Consiste á súa vez en tres grandes áreas, Koljonselä, Näsinselä e Vankavesi
Outros lagos importantes de Tampere son o Särkijärvi (145 hectáreas), o Kaukajärvi (142 hectáreas), o Hervantajärvi (83 hectáreas), o Iidesjärvi (64 hectáreas) ou o Tohloppi (63 hectáreas).Ympäristön tila Tampereella (2015), p. 79
Clima Tampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), rexistrándose no Aeroporto de Tampere-Pirkkala (TMP) tan só 3 meses por riba dos 10 °C. Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4 °C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.
A temperatura media anual é de 4,8 °C e a máis alta rexistrada dende 1980 foi de 32,5 °C en xullo de 2010, mentres que a máis baixa foi de -35,8 °C en xaneiro de 1987. Polo que respecta ás precipitacións, o maior rexistro nun mes foi de 218,5 mm no mes de xullo de 1988, e a precipitación media anual é de 619,9 mm.
Demografía Poboación de orixe estranxeira País de orixe Poboación (2019) 3 305 1 691 1 405 1 142 1 088 757 754 692 665 589 Cunha poboación de 240 433 habitantes en agosto de 2020, Tampere é o terceiro municipio máis poboado de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a segunda área urbana do país con 343 089 habitantes, só por detrás da área do Gran Helsinqui. A poboación de Tampere é nova, en 2019 residían na cidade 45,444 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 19% da poboación, mentres que o 67% tiñan entre 15 e 64 anos, e case a metade da poboación tiña entre 19 e 49 anos. Por sexos, 115 535 das persoas residentes en 2019 eran homes, mentres que 122 605 eran mulleres. Tampere é unha das rexións urbanas de máis rápido crecemento de Finlandia, e é a cidade máis atractiva para mudarse, unha tendencia de crecemento demográfico que se expande aos municipios lindeiros.
Polo que respecta á poboación estranxeira, en 2019 vivían na cidade 19 156 persoas non nadas en Finlandia, o que supón unha porcentaxe do 8% da poboación, sendo a proporción de persoas nadas noutros países menor que en Helsinqui e Turku pero maior que en Oulu. O maior número de persoas estranxeiras en 2019 procedían de Rusia (3 305), Iraq (1 691) e Afganistán (1 405).
Goberno Consello municipal O Consello municipal está composto por 67 concelleiras e concelleiros. A composición das dúas últimas lexislaturas é a seguinte:
+ Partido Lexislatura2013–2016 Lexislatura2017–2021 Lexislatura2021–2025 Lexislatura2025–2029Partido Socialdemócrata 16 16 17 20Kokoomus 17 15 17 17Liga Verde 10 14 11 12Finlandeses Auténticos 9 4 10 4Alianza de Esquerda 7 7 7 8Keskusta 3 4 3 3 Cistián Demócratas 2 2 2 2 Independentes/Outros 1 4 - - RKP 1 1 - 1 SKP 1 0 - 0
Alcaldía A continuación todas as persoas que ocuparon a alcaldía da cidade:
№. Alcalde(sa)(nacemento–morte)PeríodoPartido 1. 70px Timo P. Nieminen(1944–) 2007–2012 150px 2. 70px Anna-Kaisa Ikonen(1977–) 2013–2017 150px 3. 70px Lauri Lyly(1953–) 2017–2021 50px4. 70px Anna-Kaisa Ikonen(1977–) 2021–2023 150px5. 70px Kalervo Kummola(1945–) 2023–2025 150px6. 70px Ilmari Nurminen(1991–) 2025– 50px
Educación Ensino básica e secundaria A cidade de Tampere conta cun total de 32 escolas de ensino básica agrupadas en cinco áreas: sur, sueste, centro, nordés e oeste. Ademais das escolas administradas pola cidade, existe unha escola sueca (Svenska samskolan i Tammerfors), unha escola cristiá (Tampereen kristillinen koulu), unha escola Rudolf Steiner (Tampereen Rudolf Steiner -koulu) e a escola normal de Tampere, onde se forma o profesorado. Nas escolas primarias da cidade é posible realizar a ensinanza en lingua estranxeira dende o primeiros graos.
Ensino superior
Transporte Transporte urbano
miniatura|Autobús da liña 25. En torno ao 60% dos desprazamentos da rexión de Tampere son realizados en coche, mentres que o 40% restante realízanse en bicicleta, andando ou en transporte público. A finais de 2011 a poboación residente na cidade posuía en torno a 98 000 coches, o que supón un 15,7% máis que no ano 2005Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 40–41. Este incremento no número de vehículos aumentou tamén o volume de tráfico nas principais estradas e ruas da cidade.Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 43. O número de viaxes en transporte urbano na cidade foi reducíndose dende mediados da década de 1980, chegando a realizarse en 2005 menos da metade dos realizados en 1986. Esta tendencia está a mudar nos últimos anos, nos que se está a producir un aumento motivado pola situación económica, a mellora do transporte público e o aumento da concienciación ecolóxica.
Na década de 2010 a cidade de Tampere tentou investir no transporte en bicicleta e a pé, que xunto co emprego do transporte público forman parte do Plan Urbano de Mobilidade Sustentable (Sustainable Urban Mobility Plan, coñecido polas súas siglas en inglés SUMP) destinado a aumentar o número de desprazamentos deste tipo. Grazas a isto Tampere foi recoñecida co título de Suomen pyöräilykunta en 2013. En 2015 unha enquisa revelou que a popularidade no emprego da bicicleta e ir a pé aumentara durante os anos 2014 e 2015. miniatura|esquerda|Un dos trens do futuro tranvía de Tampere. Na rexión de Tampere ou Tampere, Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Vesilahti e Ylöjärvi a autoridade en materia de transporte público é a Tampereen seudun joukkoliikenne (en galego Transporte público da Rexión de Tampere). En 2013 a compañía pública de transporte Tampereen Kaupunkiliikenne (coñecida polas súas siglas TKL) foi a responsable do 71% do transporte público interno Entre 1948 e 1976 a cidade operou o tráfico de trolebuses, chegando a ter a maior rede de trolebuses de Finlandia.
Ademais do transporte en autobús, estase a construír unha liña de tranvía que se espera comece a operar en agosto de 2021 co nome Tampereen Ratikka. En novembro de 2016 o Concello de Tampere decidiu a construción da infraestrutura con 41 votos a favor, 25 votos en contra, e unha abstención, e as obras da primeira fase comezaron en 2017.
A cidade está a tentar mellorar o tránsito de pasaxeiros aumentando a funcionalidade e o nivel de servizos do sistema de transporte, así como investindo no sistema de venda de billetes e o tráfico. Ademais estase a iniciar o servizo de tren de proximidades nas liñas de ferrocarril que conectan a Tampere coas cidades veciñas de Nokia e Lempäälä.
Transporte terrestre
Transporte aéreo e acuático
Cultura Gastronomía A especialidade culinaria máis famosa de Tampere é a mustamakkara (en galego salchicha negra). A mustamakkara é unha salchicha elaborada con sangue, carne e graxa de porco, centeo triturado e fariña. Debe o seu nome á súa cor escura e caracterízase polo seu centro xugoso e o seu exterior crocante. Adoita servirse con marmelada de arandeira vermella e leite frío.
Museos A cidade de Tampere conta cunha ampla oferta museística e é, segundo o museólogo Janne Vilkuna, a capital museística de Finlandia pola súa innovación e dinamismo. A responsabilidade sobre os museos históricos, de arte e especialidades corresponde ao servizo de museos da cidade, coñecido como Tampere museot. A súa función principal é a xestión do patrimonio cultural, incrementalo, dalo a coñecer, e apoia os museos privados da cidade. O Museo de Arte Sara Hildén posúe unha unidade propia no grupo de servios culturais e de lecer.