O arquipélago das illas Chatham ("Rekohu" na lingua moriori), abrangue 10 illas nun radio de 40 km. Pertencen a Nova Zelandia.
Xeografía
O arquipélago atópase situado 800 km ao leste da cidade neozelandesa de Christchurch. As illas pertencen oficialmente a Nova Zelandia desde 1842. A superficie total das illas é de 996 km², case toda localízase nas dúas illas maiores, Chatham e Pitt. Estas illas principais son as únicas habitadas, e as illas menores teñen, en gran parte, reservas que posúen un acceso restrinxido ou prohibido.
As illas son: Chatham Pitt Pequena Mangere Star Kei Forty-Four Mangere Illa Suroeste As irmás
A maioría destas terras están cubertas por felgos e pastos, aínda que hai algunhas áreas de bosques. O terreo é accidentado, máis na illa Pitt, onde se localiza o punto máis alto a 290 m.
A illa principal desta cadea ten numerosos lagos e lagoas, sendo a maior, a lagoa Te Whanga. Outros lagos da illa Chatham son o Huro e o Rangitahi, e entre os regatos están o Te Awainanga e o Tuku.
Historia Os primeiros habitantes destas illas pertencían a tribos inmigrantes da Polinesia, que se estableceron arredor do ano 1000 ddC., e deste illamento xurdiu o pobo moriori. A orixe exacta desta xente permanece como tema de varias discusións. Algúns postulan que viñeron directamente das illas da Polinesia localizadas máis ao norte, mais na actualidade a crenza xeneralizada é que os morioris teñen a súa orixe en Nova ZelandiaOrigins of the Moriori people Te Ara. The Encyclopedia of New Zealand. Este debate ten un matiz político, xa que os actuais habitantes maorís, descendentes daqueles que invadiron e conquistaron o arquipélago en 1832, reclaman un acceso aos dereitos ancestrais maorís. Un extenso informe deses reclamos, Rekohu, foi publicado polo Tribunal Waitangi.
A poboación moriori das illas chega a 2000 habitantes. Viven como cazadores e recolectores, obtendo o seu alimento do mar e da flora nativa. Esta sociedade viviu pacificamente, con pequenas organizacións, mais mantenendo unha poboación estábel mediante a castración dunha certa porcentaxe dos nenos varóns.
O nome da illa Chatham provén do barco HMS "Chatham", cuxo capitán William R. Broughton desembarcou o 29 de novembro de 1791 e reclamou posesión para a Gran Bretaña. Os cazadores de focas e de baleas fixeron axiña destas illas un centro das súas actividades. A pesca continúa contribuíndo significativamente na economía, aínda que as industrias relacionadas coas focas e baleas cesaron as súas actividades arredor do 1861.
Notas
Categoría:Illas Chatham