Pausanias (en grego antigo Παυσανίας Pausanías), chamado o Periéxeta, foi un xeógrafo e viaxeiro da Antigüidade. Naceu, segundo as suposicións actuais, en Magnesia do Sípilo (Lidia) sobre o ano 115, e morreu en Roma sobre o ano 180.
Traxectoria
Pausanias explora a Grecia antiga, a Macedonia romana, Italia, Asia e África antes de vivir en Roma sobre o 174. Alí escribe unha Descrición de Grecia (Περιήγησις / Periêgêsis [Hellados]), ou Periexese, en dez libros. Á maneira dunha guía de viaxes moderna dá, segundo transcorre o seu itinerario, a lista detallada dos lugares que visita (entre as que destaca a descrición de Delfos) e as lendas que están en relación con eles. O historiador Paul Veyne chega a dicir na súa obra Les Grecs ont-ils cru à leurs mythes ? (1983):
A obra de Pausanias é así un testemuño de capital importancia sobre Grecia en época romana, en particular para o século II, mesmo se Pausanias se comprace a miúdo en mesturar a historia e a mitoloxía. Numerosas escavacións arqueolóxicas teñen confirmado en moitas ocasións a veracidade das súas informacións, sobre todo no que atinxe os xacementos históricos e as obras de arte que contiñan.
A Descrición está composta do seguinte xeito:
libro I : Ática e Megara. libro II : Corinto, Argólida, así como Exina e as illas que a rodean. libro III : a Laconia. libro IV : a Mesenia. libro V : Élida e Olimpia. libro VI : Élida (2ª parte). libro VII : Acaia. libro VIII : Arcadia. libro IX : Beocia. libro X : Focea e Lócrida.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lacarrière, Jacques (1978): Promenades dans la Grèce antique, Hachette.
Outros artigos
Descrición de Delfos por Pausanias
Ligazóns externas
Bibliografía sobre Pausanias na páxina da Universidade de Lille 3 APeriexese traducida ao francés por Gédoyn (1794) en mediterranees.net A Periexese na tradución francesa de Clavier (1821), en remacle.org
Categoría:Personalidades de Magnesia do Sípilo na Antigüidade Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Xeógrafos da Antigüidade Categoría:Viaxeiros