Jakub Błaszczykowski, nado o 14 de decembro de 1985 en Truskolasy, é un futbolista polaco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o VfL Wolfsburg. É o capitán da Selección de fútbol de Polonia.

Traxectoria Club Comezou a súa carreira por varios equipos polacos, antes de fichar polo Wisła Kraków. Conseguiu rapidamente chegar ao primeiro equipo, e xogou o seu primeiro partido na Ekstraklasa o 20 de marzo de 2005 contra o Polonia Warsaw.

En febreiro de 2007, Błaszczykowski asinou un contrato de catro anos co Borussia Dortmund. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 25 de abril de 2008 contra o Eintracht Frankfurt, nun partido que remataría con empate a un gol. Gañou dúas ligas consecutivas co Borussia Dortmund, nas tempadas 2010-11 e 2011-12. Gañou ademais a Copa de Alemaña na tempada 2011-12, tras gañarlle 5-2 ao Bayern de Múnic.

Selección Błaszczykowski debutou coa selección de Polonia nun amigable contra Arabia Saudita o 28 de marzo de 2006. Foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008, pero mancouse e tivo que retirarse da concentración.

Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés Club Wisła Kraków Ekstraklasa: 1 2004–05

Borussia Dortmund Bundesliga: 2 2010–11, 2011–12

Copa de Alemaña: 1 2011–12

Supercopa de Alemaña: 1 2008

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en Soccerbase.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Wisła Kraków Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Polonia Categoría:Nados en Polonia