miniatura|Mapa da rexión do río Obi miniatura|Cunca do río Obi O río Obi ou río Ob (en ruso Река Обь) é un río de Rusia cunha cunca de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega até terras de Kazakhstán, Mongolia e a China. É o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de Siberia. A semellanza do Ienisei e o Lena, o Obi, que nace no macizo de Altai e desemboca nun extenso estuario no mar de Kara, corre en dirección sur-norte e drena unha gran rexión caracterizada fundamentalmente polas súas baixas altitudes.

Co seu gran afluente, o río Irtish, o río siberiano constitúe unha das máis longas arterias fluviais do mundo, cun curso de máis de 5.400 km. O Obi e os seus principais tributarios, ofrecen posibilidades de navegación estacional, representando unha vía de comunicación moi importante para un espazo con forte potencial de desenvolvemento e, tamén, un eixe de poboamento dominado por algunhas grandes cidades como Novosibirsk, Ekaterimburgo e Omsk, grandes centros industriais. A cunca do gran río, durante as últimas décadas, converteuse no principal lugar de extracción de hidrocarburos da Federación Rusa. Estas actividades humanas, fontes de riqueza e tamén de contaminación, ameazan medios naturais ricos e variados.

Administrativamente, discorre polos suxeitos federais da Federación de Rusia do krai de Altai, as oblast de Novosibirsk e Tomsk, e os distritos autónomos de Khantia-Mansia e Iamalo-Nenets.

Xeografía Curso do río 220px|esquerda|miniatura|Barco navegando polo río Obi O Obi é un dos maiores cursos de auga do continente asiático e do mundo. Non obstante, os datos estatísticos relativos á súa lonxitude total poden variar moito segundo a fonte consultada. O curso principal do Obi, medido desde despois de Biisk, no pé do macizo de Altai, na confluencia do río Katun e o río Biya, até o seu estuario, que comeza tras Salekhard, é de 3.650 km, aos cales lle hai que engadir os 800 km do seu estuario, ou sexa, 4.450 km. En troques, se consideramos o nacemento do seu principal afluente, o río Irtysh, o inicio dunha arteria fluvial Obi-Irtish, a lonxitude total é de 5.410 km; (6.210 co estuario).Sínteses dos datos dos artigos sobre o Obi da Enciclopedia Británica, da Encyclopaedia Universalis e de Jean Radvanyi, "El Obi" en Diccionario ilustrado de las maravillas naturales del mundo, Selección del Lector Digest, 1977. O Obi superior A parte superior do curso principal do río esténdese desde a confluencia do Katun e o Biya até que o Obi atopa co seu afluente o río Tom, a uns cincuenta quilómetros ao noroeste de Tomsk.Entrada «Ob River» da Encyclopaedia Britannica. Consultado o 16 de xuño de 2012.

O encontro dos dous ríos orixinarios dos montes Altai, o Katun (cunhas augas que proceden da fusión das neves dos altos cumios), polo oeste, e o Biya (emisario do lago Teletskoye), polo leste, dá nacemento ao río Obi, augas abaixo de Biisk. Estes dous cursos de auga, de lonxitudes respectivas de 688 e 301 km, e de caudal constante, aportan 626 m³/s e 477 m³/s ao río recentemente nacido.(en inglés) S.A Sukhenko, Relation between mercury concentration and water discharge in the Katun River, Siberia, International Association for sediment Water Sciences. International symposium n°6, Santa Barbara, 1995, vol. 46, n° 1, p. 245-250.

O Obi toma, na primeira parte do seu curso, unha dirección occidental, e recibe, pola súa marxe esquerda, numerosos afluentes de pouca lonxitude (comparativamente aos de máis abaixo), entre elos o Peschanaya, o Anuy e o Charysh. O río presenta un desnivel medio relativamente forte do 2,5 ‰, aínda que ten no seu leito bancos de area, así como illas. Despois do seu encontro co río Charysh,Informations sur la Charysh , sitio da UNESCO. Consultado o 16 de xuño de 2012. oriéntase cara ao norte, tomando a dirección de Barnaul, e o val, así como o leito, amplíanse. O Obi adquire definitivamente o seu aspecto de curso de auga de chaira despois de recibir a contribución do Aley, tributario pola súa beira esquerda. En Barnaoul, o Obi retoma unha orientación occidental, o seu val amplíase aínda máis, chegando a medir entre 5 e 10 quilómetros de ancho, coa marxe esquerda máis escarpada que a dereita; o seu leito complícase (numerosos brazos, presenza de lagos) mentres que a súa profundidade media aumenta. O río cambia de novo de dirección en Kamen-na-Obi, seguindo un curso cara ao nordeste, e o val estréitase, non medindo máis que de 3 a 5 quilómetros de ancho antes de entrar no inmenso encoro de Novosibirsk. A partir desta última cidade, discorrendo sempre cara ao Ártico, o Obi entra nunha rexión forestal onde predominan os bidueiros e os álamos. A súa velocidade diminúe, e o seu val mide cerca de 20 quilómetros de ancho por termo medio. O curso superior acaba cando o río se encontra co seu gran afluente pola beira dereita, o río Tom, preto da cidade de Tomsk.

O Obi medio miniatura|esquerda|Un dos afluentes do río pola esquerda do Obi: o Vasiugán. Esta parte do río vai desde a confluencia co Tom até á unión co seu principal afluente, o río Irtish; aquí o curso segue unha dirección occidental.

Máis abaixo da confluencia co Tom, o curso de auga siberiano recibe varios afluentes que, se pola orela esquerda, son de pouca lonxitude (Chaya, Parabel), coa excepción do Vasiugán, pola beira dereita, en troques, ten cuncas hidrográficas máis importantes. O Obi recibe sucesivamente as contribucións do río Chulym, do río Ket, do río Tym, do río Vakh e do río Agan. A partir da súa confluencia co Agan, o río toma unha dirección occidental e recibe numerosos afluentes de lonxitude media: na marxe dereita, o Tromégan, o Lyamin e o Nazym; na marxe esquerda, o Gran Yugán e o Gran Salym; antes de unirse co seu principal tributario, o río Irtysh, preto de Khanty-Mansiysk. Este último, nacido nas montañas de Mongolia, ten unha lonxitude moi superior á da do Obi co seus 4248 km pero, debido ás escasas precipitacións que caen na súa conca, ten un caudal baixo (menos de 3.000 m³/s).

A partir do seu encontro co río Vasiugán, o Obi entra no ámbito da inmensa taiga siberiana. A súa pendente diminúe e o seu val amplíase de novo para alcanzar de 30 a 50 quilómetros mentres que o propio leito principal do río tamén se amplía, e dun quilómetro nas estiaxes, pode alcanzar tres quilómetros no período de crecidas. A profundidade do leito fica entre 4 e 8 metros durante as augas baixas. En período de crecida, o Obi desbórdase do seu leito menor e inunda o val en varias decenas de quilómetros durante dous meses ou tres.

O Obi inferior miniatura|esquerda|Imaxe satélite do delta do Obi. Esta última parte do curso empeza despois da confluencia co Irtysh. O Obi deixa a súa dirección occidental para tomar unha dirección norte-nordeste até Peregrebnoye. Nesta cidade, toma unha orientación totalmente norte. O río cruza o límite setentrional da taiga antes de penetrar na tundra cando chega até o seu delta.

Nun amplo val de 30 quilómetros, dominado por alturas de medianas na orela dereita, o curso de auga discorre lentamente dividíndose, pouco antes do Peregrebnoye, en dous brazos: o gran (Bolshaya) Obi á dereita, o pequeno (Malaya) Obi á esquerda. Cada un dos seus brazos recibe diversos afluentes, o Kunovat e o Kazym no primeiro; o Synya e o Sosva do Norte no segundo. Antes de chegar a Shuryshkary, o río ten un leito de 19 quilómetros de amplo e 40 metros de profundidade. Tras a confluencia, máis alá de Salekhard, co Poluy, o Obi divídese de novo en dous brazos, o Khamanelsk Obi (esquerda) e o Nadym Obi (dereita) para formar un delta. Este delta ábrese sobre o golfo do Obi (en ruso Obskaya Guba), cualificado de estuario. A ambigüidade sobre este espazo e sobre o termo que debe empregarse para designalo conduce á súa exclusión, en todas as fontes, no cálculo da lonxitude do río. Con 800 quilómetros de longo e de 30 a 100 de amplo, posúe a súa propia zona de captación, cubrindo unha superficie de 105.000 km² antes do chegar ao mar de Kara.

Sobre a costa oriental, ábrese un divertículo, o golfo do Taz, desembocadura do río do mesmo nome, que drena o distrito autónomo de Iamalo-Nénets e posúe unha conca de 150.000 km² e unha lonxitude superior a 1.400 quilómetros.Mark B. Allen, Clare E. Davies, Unstable Asia: active deformation of Siberia revealed by drainage shifts, Department of Earth Sciences, University of Durham, Durham, 2007.

O golfo (ou estuario) do Obi, pouco profundo (de 10 a 12 metros), divide as penínsulas de Yamal e Gyda; o litoral oriental é moi escarpado mentres que o occidental é baixo e pantanoso.Artigo Gulf of Ob da Encyclopaedia Britannica.

Hidrografía miniatura|O Obi conxelado en Novosibirsk. A conca do Obi cobre en total unha superficie de arredor de 2.975.000 km², incluíndo esta superficie unha zona esteparia de 521.000 km² pouco irrrigada que non dá lugar a ningunha achega superficial e que, en consecuencia, non reforza o caudal do río.Artigo sobre o Obi da Encyclopaedia Universalis. En función da consideración ou da exclusión deste espazo, esta conca é a quinta ou a sexta, ou a sétima, máis ampla do mundo despois das do Amazonas, do Congo, do Mississippi, do Nilo e máis ou menos como a do Ienisei.Jacques Béthemont, Les grands fleuves, p. 20. O sétimo posto sae de considerar o mar Caspio e o Río da Prata cuncas hidrográficas.

A conca esténdese polo territorio de catro Estados: Rusia (73,77%) e Kazakhstán (24,71%) que comparten case a totalidade da súa superficie, e a China (1,51%) e Mongolia (0,01%) que non participan máis que de xeito marxinal.Transboundary rivers flowing through EECCA countries and discharging into the Arctic Ocean and their major transboundary tributaries, Nations Unies, p. 2 Lire en ligne . Consultado o 16 de xuño de 2012. Na súa maior parte (85%), está constituída pola chaira de Siberia occidental. O único relevo está formado por pequenos outeiros, chamados grivy, con orientación suroeste - nordeste. Esta chaira é unha zona de inundación; os sedimentos acumuláronse en máis de 6000 metros de grosor sobre capas de terreos da era secundaria.Jean Radvanyi, L'Ob in Dictionnaire illustré des merveilles naturelles du monde, Sélection du Reader Digest, 1977, p. 282. Estes extensos horizontes levan a marca das grandes glaciacións, coa presenza de numerosos rastros morénicos e de terrazas fluvioglaciares.

O Obi debe a estas glaciacións o seu estuario, onde acaba formando un delta. Este estuario é testemuña dunha costa antano somerxida, cando o continente estaba máis afundido polo peso dos xeos que se estendían até os 110° de lonxitude leste.

Até a súa confluencia co Irtysh, o Obi toma unha antiga canle glacial anteriormente ocupada por un curso de auga que corría cara á depresión aralo-caspiana. A elevación da parte meridional de Siberia orientou a rede hidrográfica cara ao norte. Esta parte meridional está constituída polas montañas do Altai e o seu ante-país que corresponde á zona onde o río recolle un gran caudal aínda que apenas representa máis dun 10% da superficie total da cunca.

A cunca hidrográfica posúe máis de 1.900 cursos de auga cunha lonxitude de 180.000 km. O principal tributario do Obi, o Irtysh, posúe, aínda que aporta pouca auga ao río, unha extensa conca de 1.593.000 km², o que representa preto do 54% da superficie total.A superficie da conca e o caudal medio dos diferentes afluentes do Obi dispoñibles en: site rassemblant les données des principales stations hydrologiques de l'ex Union Soviétique. Consultado o 16 de xuño de 2012.

Clima e hidroloxía

miniatura|Caudal mensual do Obi en Barnaul. miniatura|Caudal mensual do Obi en Salekhard.